29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

3. EXPERIENCIA:

“O NOSO PATIO EN XOGO” pretende

axudar a conseguir logros na nosa

andaina dentro do proceso educativo.

Este xogo non busca máis que darlle

a todo o alumnado do centro a

oportunidade de dispoñer de espazos

e propostas para enriquecer o seu tempo

libre e de ocio, tanto no tempo de recreo

como no seu tempo libre fóra do centro.

A cantidade de xogos que se efectuarán

ao longo desta proposta, gardarán unha

relación moi directa coa distribución

do alumnado (pasarase de grupos de aula

a grupos interaula e a grupos interciclos),

co material dispoñible (partindo da

utilización de xogos sen material a xogos

con material), co espazo (utilización grupal

do espazo a máis individualizado) e

co tempo (xogos sen limitación temporal

concreta, marcada polo propio recreo

a xogos limitados no tempo).

A diferenza de idade non será en ningún

momento un obstáculo para proceder ao

desenvolvemento da nosa proposta, senón

que pensamos que esta interrelación nos

axudou na consecución de moitos

obxectivos. A imitación dos nosos

semellantes ou maiores dentro de O noso

patio en xogo tivo unha relevancia especial.

Actividades en O noso patio en xogo:

> Elaboración da táboa identificativa:

identificación personalizada que tiña cada

alumno/a e que lle servía para poder

trocar no tempo de recreo por material

do recuncho.

> Recuncho do xogo: onde se pediu

a voluntariedade daqueles alumnos/as

que quixesen formar parte do grupo

de “Voluntarios responsables do recuncho”.

Ao principio figuraba eu como responsable

e pasados uns días eles fixéronse

co dominio da actividade.

> A música: pasadas unhas semanas

da inauguración do Recuncho do xogo

engadímoslle a música.

Empezamos poñendo cada día un CD

diferente, anunciándoo por medio dun

cartel. Para enriquecer un pouco máis

esta actividade, entregóuselle a cada curso

un horario musical que reflectiría

unha clasificación creada en colaboración

co profesor de música e na cal cada

semana se dedicaría a un tipo de música.

Isto provocou que comezasen a diferenciar

a música que ía soando e ao mesmo tempo

os alumnos tiñan a oportunidade

de traer os seus propios CD sempre que

fosen acordes coa música estipulada para

cada semana.

> O taboleiro do xogo: este espazo

exixiu en todo momento para o alumnado

unha actividade de lectura, xa que o propio

funcionamento de O noso patio en xogo

facíache depender del, tanto para coñecer

datas de partidos, como regulamento de

xogos, normas do día libre e anulación

dalgunha competición, etc..., e en moitos

dos casos tamén de escrita, tanto para

cubrir os resultados nas clasificacións,

como nas competicións intracentros, etc..

> Os xogos: neste punto quérese

mostrar que nesta proposta non existe

unha serie de xogos predefinidos, senón

que é aquí onde o docente dispón dun

abano moi grande de posibilidades:

recollidas de diferentes libros editados,

de creación propia, etc.

O que si é moi importante á hora da

elección destas actividades é ter en conta

unha serie de premisas: dimensións dos

espazos e material dispoñible.

Nos enfoques dos xogos utilizamos

tamén a “competición” con deportes:

duatlón, trimaratón,…como un proceso

e non como un produto final, para

darlle un carácter de individualidadecompetitividade-cooperación

(Eugenia Trigo 1 ). Outra das formas foi o

sistema clasificación (petanca, bádminton)

os nenos/as competían subindo ou

baixando de categoría, pero sempre

participando o mesmo número de veces.

Esta é a relación dos xogos practicados

ao longo da proposta. Hai que salientar

que todos os xogos propostos están

modificados con variantes para promover

a máxima participación do alumnado.

Sirva como exemplo o xogo do “pano”,

en que tradicionalmente hai dous equipos

e unha persoa que panda co pano

no medio do espazo, para dicir o numero

que lle toca saír. No noso caso en vez de

dous equipos serían tres, xa que no medio

se situaba un equipo con tantos panos

como persoas o integraban.

117

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!