29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

64

Pasando páxina

CEIP José Cornide Saavedra

Emilio Veiga Río, Asesor de Educación en valores

do Centro de Formación e Recursos da Coruña

No CEIP José Cornide Saavedra estase

a desenvolver un ambicioso proxecto

no cal se pretende potenciar o libro

e o seu mundo e o fomento da lectura

como vehículo para traballar

a educación en valores e a socialización

do seu alumnado.

Entenden, segundo as súas palabras,

que un obxectivo primordial para eles

é posibilitar que rapazas e rapaces

atopen na lectura non só información

senón momentos para o lecer

e momentos para compartir cos seus

iguais, coas súas familias, cos seus

achegados… e ao mesmo tempo que

lles sirva para espertar un mundo de

sentidos e valores que os vaian

formando no seu desenvolvemento.

Por todo isto, hai uns anos que

comezaron a desenvolver actividades

de animación á lectura e formación de

usuarios en todo o seu alumnado,

dende infantil ata sexto de primaria,

reforzando as actividades e potenciando

o espazo biblioteca e nas aulas.

Pero é dende este curso 2006-07 que a

través do Plan Valora se propuxeron

afondar e reforzar a súa proposta

educativa baseada no mundo dos libros

reforzando e ampliando as actividades,

avanzando no uso e emprego das NTICE

(confección de power point, dun blog…)

e na maior inclusión das familias na

participación e implicación do proxecto.

Con todo isto están a lograr unha mellora

significativa na realización dos seus

traballos, na procura de información

para desenvolver os pequenos proxectos

trimestrais que se propoñen como

traballo didáctico co seu alumnado,

e unha alta porcentaxe de implicación

por parte dos rapaces, dos titores e

das familias.

En canto ao sistema de traballo, as liñas

xerais serían as seguintes:

Dous proxectos que se desenvolverán

por curso: un de setembro a decembro e

outro algo máis longo, de xaneiro a maio

(para acabalo coa festa das nosas letras)

Cada un deles supón traballar coa

lectura (individual e compartida),

a creación literaria e plástica,

a busca e restitución de información …

e todo isto entendido como un traballo

para realizar e vivir entre todos, dos

pequechos aos máis grandes, para

conseguir unha verdadeira formación

integral e sobre todo unha formación

en valores humanos.

Con cada un destes proxectos o equipo

de biblioteca deseña e imprime un

caderno: O libriño do tema, onde se

recollen e materializan eses traballos

antes citados e que reciben todos os

nenos e nenas da escola, cun formato

común para todos.

Tamén recollen no seu proxecto

de biblioteca o obxectivo de potenciar

nos nenos o recitado de poemas,

a narración e escenificación de contos,

traballo de valores como o respecto,

a tolerancia, a semellanza entre iguais,

o gusto polo estético e o fantástico…

Así, preténdese que con cada un dos

dous temas que se van traballar no

curso, os grupos de aula preparen

unha actividade de escenario, que

ofrecerán primeiro aos seus compañeiros

e máis tarde ás súas familias:

no remate do proxecto fan unha festa

con estes contos, poemas, textos

expositivos… de todos os grupos

de aula, na cal as familias serían

o público e todos os nenos e nenas

os protagonistas na escena.

OBXECTIVOS

Cremos que a descrición do espazo e a

filosofía que o orixinou constitúe un

indicio dos que foron e seguen a ser os

nosos obxectivos:

1. Converter a biblioteca no motor da

vida escolar, propoñendo e

recollendo actividades compartidas

por todos e de carácter

interdisciplinar, propias das etapas

educativas que nos ocupan.

2. Promover a lectura e procurar

o manexo da información, actividades

que consideramos prioritarias para

a formación de nenos e nenas.

3. Crear un espazo adecuado para

contribuír ao desenvolvemento de

actitudes que consideramos

importantes, como o gusto polas

artes, entendido como algo que se

logra de xeito natural convivindo con

elas diariamente: escenificando,

escoitando lecturas con

acompañamento musical,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!