29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

e ninguén discute que a publicidade e os

modelos que se ven en cines e televisión

están ensinando á nosa mocidade un estilo

de ser. De ser en xeral, pero tamén de ser

na condución. Este tipo de cousas que se

aprenden nas películas de superheroes,

nas series de televisión e tamén na vida

social e na publicidade, xeran un modo de

entender a vida que en boa medida está

detrás do número de mortos nas nosas

estradas, así como dalgunhas outras

formas de ser no mundo sobre as que

se debe reflexionar. Sobre todo porque

gastamos nesa cultura da tecnoloxía,

do risco, do poder e dos coches moitos

cartos; pola contra, gastamos moi pouco

diñeiro na educación e na administración

do pracer, no ensino para administrar o

risco: para asumir cabalmente a

vulnerabilidade do noso corpo na súa

relación coa dor e co pracer.

As velocidades superiores ás permitidas

e os coches que nos dotan dunhas

calidades absolutamente asombrosas,

fannos sentir máis modernos, máis sexys,

máis interesantes, máis poderosos, etc.;

sen distinción entre mulleres e homes.

Ao mesmo tempo, as institucións estatais

transmiten mensaxes de control sobre as

actitudes que se deben adoptar cando un

se atopa na vía pública, na estrada ou na

clase. Dáse unha ambigüidade nas

mensaxes belixerante. Esa belixerancia

é a que se pretende amosar con esta

experiencia: que están a recibir os

adolescentes do presente no tocante

á súa relación coa velocidade, o pracer

e o risco.

A adolescencia na nosa sociedade actual,

desenvolvida, "culta", tecnolóxica, rica, é un

período onde o tempo é un tempo de

ensaio. As rapazas ensaian os seus novos

corpos, as súas novas sensacións, ensaian

o seu grupo, ensaiamos habilidades,

algunhas na escola (intelectuais, deportivas)

e outras non canalizadas na vida social.

E temos uns mecanismos extraordinarios

para vivir sensacións, temos drogas, cousa

que antes non tiñan outras xeracións;

temos vehículos rapidísimos e fastosos

dende que temos doce ou trece anos,

bicicletas, motocicletas, táboa de patinaxe,

de surf, coches con carné, coches sen

carné, móbiles que fan de todo, consolas

que simulan velocidades aínda máis rápidas

que as que os coches con carné poden

acadar, &c: marabillas. Vivimos no país das

marabillas. É dicir, temos unha capacidade,

unha tecnoloxía do pracer como nunca se

tivo e, por suposto, os mozos e mozas

empregan este pracer, ademais das drogas

legais, é dicir, o tabaco e o alcohol.

E esa é a nosa cultura.

A REFLEXIÓN E A EXPERIENCIA

Tras unha análise dos medios de

comunicación —xornais, suplementos

dominicais, revistas, internet e televisión—

constatamos as contradiccións máis arriba

aludidas. Na pretensión de facelas patentes

e presentes, a proposta que sae dos

alumnos de 1º e 2º de bacharelato é

construír unha exposición que dalgún

xeito a suxira: plasmar o asunto. Tras un

longo debate achegando ideas e propostas,

o resultado foi o seguinte:

Construímos un conxunto de figuras de

aspecto humano e madeira laminada.

As figuras están construídas por duplicado

de xeito que mentres que nunha se amosa

o bombardeo de ofertas publicitarias en

relación co consumo de velocidade e pracer

–cada figura é unha colaxe de mensaxes

recortadas dos anuncios publicitarios de

revistas e xornais-; na súa simétrica pintada

en negro só se pode percibir nunha un

código de barras que alude ao control

institucional máis á uniformización deses

desexos e instintos reivindicados pola

publicidade. Tamén á súa violencia.

En total atopámonos con nove figuras

duplicadas —18, por tanto— que

pretenden facer explícita a contradicción

arriba aludida.

A exposición complétase coa proxección en

bucle dunha montaxe multimedia onde se

sucede o visionado de anuncios de coches

ultramodernos que ofrecen pracer, con

anuncios das institucións que insisten na

regulación dos instintos aludidos nos

primeiros. Non é por tanto unha montaxe só

visual, senón multimedia.

Ao mesmo tempo, a exposición é explicada

cunha serie de textos de filósofos

seleccionados polos alumnos que dunha

maneira máis explícita fan referencia á

problemática tratada coas figuras que

obviamente nos representan a todos.

A exposición permanecerá exposta para os

demais membros da comunidade educativa

na Semana Cultural.

A intención última é que a exposición se

presente como un espazo de debate das

ideas nela suxeridas e que poidan facer

explícito para todos o imprescindible dunha

educación do pracer en relación coas

condutas de risco.

A exposición será visitada polos alumnos

de filosofía do outro instituto.

Bibliografía:

FOUCAULT, M: Vigilar y castigar

ONFRAY, M; Antimanual de filosofía

CASTRO, I.; Juventud emergente

TORRES, E.; “Adolescencia, masculinidad

y actitudes de riesgo en la conducción”

DGT.es

57

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!