29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

3. MARUSÍA, PROGRAMA DE

PREVENCIÓN DA VIOLENCIA.

CONCELLO DE RIBEIRA

Tal e como reza o díptico informativo da

campaña de sensibilización, a imaxe

corporativa do programa xoga “coa

metáfora do mar embravecido, da marusía,

para facérmonos unha idea xenérica de

como podería chegar a actuar o mar un día

de tormenta: o dano que causa é igual a

unha situación violenta, pois é moi difícil

repoñer e restaurar os anacos que quedan.

Por iso, é preferible navegar por mares

seguros e non arriscar.”

Sendo conscientes de que esta tarefa de

prevención para que sexa efectiva debe

involucrar todos os axentes –familias,

profesorado, alumnado, administracións,

grupos cidadáns–, cómpre xerar e planificar

de cara ao futuro un proceso de

participación e responsabilización de cada

un deles. Unha das primeiras accións para

lograr este obxectivo foi a celebración

dunhas xornadas no mes de abril baixo o

título “Convivencias e violencias nos centros

de ensino”, coas cales se pretendeu crear

un espazo para a reflexión, o debate e a

aprendizaxe sobre os programas de

prevención da violencia. Nestas xornadas,

os participantes tiveron a oportunidade de

escoitar, coñecer e poñer en común

diferentes experiencias educativas.

Cabe destacar entre as experiencias

presentadas o “Informe sobre relacións de

convivencia nos centros de ensino” realizado

pola Comisión de Ensino do Plan Comunitario

Municipal de Ribeira. Nel destácase que,

aínda que non existen situacións de

conflitividade preocupantes nas

comunidades educativas do noso concello,

si se alerta sobre a perigosa asociación que

o alumnado percibe entre o aumento da

percepción de situacións violentas e a maior

presenza de inmigrantes no concello.

Esta asociación non se corresponde coa

realidade senón cunha percepción

estereotipada sobre o colectivo inmigrante.

Trátase dunha representación sobre

a que é necesario reflexionar e actuar

de forma preventiva.

Conclusións máis importantes:

1. Realizar os obradoiros formativos no último ciclo de primaria,

xa que se entende que os rapaces están máis receptivos para a interiorización

destes contidos.

2. Introducir a perspectiva de xénero en todas as accións educativas

desenvolvidas coa infancia e a xuventude, xa que se observa como desde

outras instancias educativas se obvia este factor e se transmiten valores,

actitudes e comportamentos sexistas.

3. Priorizar a educación afectivo-emocional desde idades

máis temperás, clave para poder expresar e canalizar as emocións

e os sentimentos.

4. Complementar o programa con obradoiros de educación intercultural

onde o respecto da diversidade e a tolerancia sexan valores

fundamentais da educación integral das persoas.

5. Complementar o programa con accións educativas para os rapaces

nos tempos de ocio.

6. Que o programa de prevención da violencia nos centros educativos

de Ribeira sexa asumido como un plan local de convivencia estendendo

as súas accións a nivel comunitario.

En xeral, as conclusións máis importantes

das xornadas indicaron as prioridades para

a mellora destes programas e, en concreto,

para aplicalo no concello de Ribeira:

Este último reto, incluído tamén como unha

das accións do Plan integral de mellora

da convivencia escolar en Galicia, que a

Consellería de Educación quere implantar

para o vindeiro curso académico,

é no que nos propoñemos avanzar

coa participación activa de todos os axentes

no obxectivo de construír cidadanía

responsable e comprometida co respecto

aos dereitos humanos.

43

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!