29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

78

A paisaxe

como elemento integrador da familia

e fonte de lecer

Equipo Valora

do CEIP Mestre Valverde Mayo

Sanguiñeda, Mos

UN PROXECTO ESCOLAR

QUE IMPLICA AS FAMILIAS

A paisaxe como elemento integrador da

familia e fonte de lecer ten como obxectivo

xeral animar as familias a desfrutar xuntas

da natureza, desenvolvendo nos rapaces o

gusto por esta como fonte de lecer e, como

consecuencia, a valoración do noso medio e

o esforzo por conservalo.

Dende hai moito tempo, quizais dende as

súas orixes, un dos piares que define

o noso centro é o ensino en valores. Valores

que teñen que ir máis alá das paredes da

nosa escola, que teñen que influír nas

familias das nosas nenas e nenos, e que

deberán permanecer na vida adulta dos

nosos rapaces.

Existe por iso dentro do claustro de

profesores un grupo de traballo, o equipo

de valores encargado de propoñer

e dinamizar accións neste senso.

Algúns dos proxectos levados a cabo en

anos pasados foron:

— Saúda e sorrí, saudar e sorrir é sen

dubida unha boa forma de iniciar a

xornada escolar.

— A reciclaxe: evitar a produción masiva

de lixo e reciclar todo o posible para

garantir un bo futuro para todos.

— A resolución pacífica dos conflitos,

ofrecerlle ao noso alumnado

solucións aos seus problemas

afastadas da violencia.

Ao inicio deste curso buscamos un proxecto

que implicase dende o seu inicio directamente

as familias, para poder incidir ao mesmo

tempo nos dous contornos máis significativos

do alumnado: a familia e a escola.

Pouco a pouco, as ideas foron xurdindo

e así naceu o proxecto do equipo de valores

para este curso académico, A paisaxe

como elemento integrador da familia

e fonte de lecer.

Deste xeito, pretendiamos dar resposta

a algunhas inquedanzas da nosa

comunidade escolar:

— As dificultades de moitas familias para

desfrutar xunto cos seus fillos do tempo

de lecer sen caer en actividades

repetitivas, consumistas, pouco

relaxantes e nada educativas (ver a

tele, ir de compras, alugar un dvd,

ir tomar hamburguesas...)

— A necesidade de aprender a desfrutar

da nosa paisaxe, como punto de

partida para coidala, valorala e tomar

conciencia dos problemas ambientais.

— A necesidade de desenvolver nas

nenas e nenos actitudes de respecto,

valoración e desfrute do medio natural,

para evitar que no futuro se repitan

catástrofes como a que vén de sufrir

o noso país neste verán.

— As dificultades que os titores temos

á hora de implicar as nais e pais nas

propostas da escola e de establecer

canles fluídas de comunicación entre

escola e familia.

— O interese das mestras e mestres por

progresar no coñecemento lúdico do

seu contorno como punto de partida

para poder motivar os seus alumnos

de cara a estas aprendizaxes.

A paisaxe como elemento integrador da

familia e fonte de lecer ten como

obxectivo xeral animar as familias a

desfrutar xuntas da natureza,

desenvolvendo nos rapaces o gusto por

esta como fonte de lecer e, como

consecuencia, a valoración do noso medio

e o esforzo por conservalo.

Este obxectivo xeral concrétase nos

seguintes puntos:

— Potenciar a realización de actividades

de ocio relacionadas co desfrute

da natureza e o coñecemento do

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!