29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ZAIDA JIMÉNEZ,

estudante de 1º de Maxisterio:

“Teño o apoio da miña nai, do meu pai,

da miña familia,… din que é o meu

futuro,… á miña nai vela indo aos

mercados, chovendo, con sol,… pois a

miña familia di que para min iso non,

que hai algo mellor, que é bo traballar…

Os mestres sempre me axudaron…

O estudo deume todo, formarme a nivel

cultural, intelectual, social, é unha forma

de socializarme con outro tipo de xente

que non sexa a miña familia…

Gustaríame que na nosa cultura se

estudase máis e que houbese máis

iniciativa por parte dos pais en axudar

os nenos para que poidan estudar e

teñan un futuro máis axeitado…

Encantaríame rematar a carreira e

traballar como mestra”.

CARMEN ESTHER JIMÉNEZ,

estudante de ciclo de grao medio de

Coidados Externos de Enfermaría:

“Tiña todo suspensos ao saír do colexio.

Estiven buscando alternativas e solicitei

entrar nas clases para sacar o graduado…

Obtiven o título e despois animeime para

facer o ciclo de grao medio; agora quéroo

sacar e ter un traballo para poder facer

unha vida… Aprendín a valorarme;

pensaba que non valía, que non cumpriría

as miñas expectativas… con esforzo

pódese sacar… A miña familia sempre me

apoiou, dende pequena… No colexio os

mestres axudáronme moito, pero tes que

ser ti a que mostre o teu esforzo. Se tes o

apoio da túa familia e da xente que te

quere, iso axúdate moitísimo… Desexaría

que todos os mozos se animasen e que se

desen conta de que cun pouco de esforzo

pódese conseguir o que te propós; non é

un obxectivo inalcanzable, e para nada

deixas de ser xitana”.

FERNANDO MONTOYA,

técnico en Acabamentos de Construción:

“Puiden facer un curso de fontanaría

porque tiña o graduado. Grazas a iso

estiven dous anos e medio nunha

fontanaría e despois tres anos nunha

empresa de construción. Acreditando a

miña experiencia obtiven o título

de técnico en acabamentos de

construción… Un dos problemas máis

grandes que temos é que non dispomos

de titulación… Hai que darlle a

importancia que se merece á educación.

Temos que poñernos ao nivel dos

demais, xa non vale falar de

discriminación porque somos xitanos,

senón porque non estamos formados…

O desexo da miña nai, que conseguín,

era mellorar a vida que ela tiña”.

MARIANA ROSA DOS ANJOS,

graduado escolar:

“Empecei a estudar con oito anos

e deixeino en 5º de EXB. Gustaríame ter

seguido. Volvín estudar con vinte

e nove anos. Primeiro quitei o graduado,

despois fixen cursos: habilidades

domésticas, limpeza, corte e confección,

informática, …”.

Estamos, sen dúbida, nunha sociedade a

cada paso máis plural. Agora ben, para que

poidamos dispor de xeito efectivo dunha

pluralidade enriquecedora, positiva e xusta,

todos os colectivos teñen que achegar do

seu. A comunidade xitana, dende cada un dos

seus membros, ten a necesidade de

participar en igualdade, e para iso precisa

saber (saber ser, saber facer, saber estar, …).

A sociedade maioritaria, dende cada un dos

seus membros, ten a necesidade de recibir

achegas dende as singularidades de cada

grupo, tamén os xitanos, e para iso precisa

coñecer, porque do coñecemento se

desprenden a tolerancia e o respecto.

95

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!