29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

110

A Escola Galega de Consumo presenta a súa nova sede

Instituto Galego

de Consumo

O Instituto Galego de Consumo e máis a

Escola Galega de Consumo estrean nova

sede en Santiago de Compostela, con novos

espazos didácticos creados especialmente

para facilitar aos distintos colectivos e,

en especial, aos centros escolares,

a realización de obradoiros no eido

do consumo desde unha perspectiva lúdica

e participativa, co fin de que coñezan

os dereitos e deberes que lles corresponden

como persoas consumidoras e a maneira

axeitada de exercelos.

A educación para o consumo é un

importante factor na mellora das relacións

sociais. Facilita o sentir crítico e participativo

tanto na relación co contorno máis achegado

como no exercicio da cidadanía global.

Para facilitar este proceso formativo,

o Instituto Galego de Consumo ten

establecidos distintos programas dirixidos

tanto ao ámbito escolar como ao ámbito da

educación non formal e dos profesionais.

O Centro Permanente de Formación

da Escola Galega de Consumo pon

á disposición dos distintos colectivos

destinatarios (centros escolares, distintos

colectivos de adultos ou colectivos de

atención especial, por poñer algúns

exemplos), materiais e recursos axeitados

para a realización de actividades formativas

no eido do consumo.

Está situado en Santiago de Compostela,

na sede do Instituto Galego de Consumo,

que estrea novas instalacións na avenida

Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo.

O Centro Permanente da Escola Galega de

Consumo oferta máis de 400 m2 dedicados

á educación e á formación en materia de

consumo e todo un conxunto de servizos

e profesionais especializados.

A Escola Galega de Consumo está

estruturada en distintas áreas:

> Área de consulta e información:

espazo que dispón de materiais didácticos

de consulta en soporte multimedia e unha

ampla biblioteca.

> Aula de formación: onde se imparten

cursos técnicos e xerais, seminarios e

charlas de distinta índole, en función do

público a que vai dirixido e das demandas

que se poidan atender.

> Aulas dos obradoiros: que ofertan a

realización de obradoiros

fundamentalmente nas catro áreas

seguintes: a de alimentación e saúde

(para abordar distintos aspectos da compra

de alimentos, a etiquetaxe, as dietas

equilibradas, os alimentos funcionais

e aspectos de seguridade no fogar); a de

información e comunicación presentada

como un pequeno estudio de gravación de

TV (referida a distintas cuestións relativas á

publicidade, aos medios de comunicación,

ás etiquetaxes de produtos e ás

telecomunicacións); a de dereitos e

deberes dos consumidores (onde se

traballan aspectos da mediación,

reclamación e arbitraxe de consumo);

e a de novas tecnoloxías (que dispón de

dez equipamentos informáticos para

realizar obradoiros referentes ás compras

electrónicas, á publicidade na internet, aos

videoxogos ou á telefonía móbil).

No pasado ano, a Escola recibiu un total de

4.876 alumnos e alumnas de todos os niveis

do ensino non universitario. O número de

obradoiros impartidos foi de 664, cunha

media de 41 alumnos/as por día de

actividade. A maior afluencia foi do

alumnado de primaria en máis dun 50%

seguido dos ciclos da ESO, infantil e

bacharelatos. Tamén recibimos alumnado de

ciclos formativos e de educación especial.

Nesta nova etapa, ademais dos obradoiros

que se viñan desenvolvendo en anos

anteriores, ofértanse novidades como un

simulador de compra en liña así como un

deseño de novos obradoiros dirixido ao

ámbito de infantil.

Esperamos recibir nas novas instalacións a

todos aqueles centros que o desexen. Para

iso poderán contactar a través da páxina

web igc.xunta.es, onde atoparán a oferta

formativa e os contactos para solicitar a visita.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!