29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

112

(1) A HISTORIA DE MARIÁN

[Para representar no patio interior da

escola. Nais e pais fixeron un decorado de

15x2 metros que figura o interior dunha

casa, unha rúa e un campo de fútbol.]

Desenvolvemos a historia dunha familia que

tiña unha filla e un fillo.

Á nena gustáballe xogar ao fútbol e isto é o

que aconteceu:

Un domingo pola mañá Marián tiña partido.

Ese mesmo día todos os membros da

familia cando se levantan da cama cada

quen coma sempre fai a súa. O pai é o que

prepara o almorzo co fillo que é quen pon a

mesa, mentres Marián prepara a roupa de

deporte para ir xogar o partido, coa axuda

da súa nai. Unha vez que rematan o

almorzo, deciden que o pai e o irmán

quedan recollendo e limpando a casa

mentres a nai leva a Marián ao partido.

Unha vez rematan as tarefas da casa, o pai

e o fillo collen o coche e van ver xogar a

Marián, mais no camiño sofren unha avaría.

Chaman por teléfono ao taller para que lles

veñan solucionar o problema. Sorpréndense

cando ven chegar unha mecánica, que é a

que lles vai arranxar o vehículo.

Ao chegar ao campo de fútbol cóntanlle a

Marián e á nai o que lles aconteceu:

– ¿Sabedes que quen nos arranxou o coche

era unha mecánica e non un mecánico?

Marián e a nai contéstanlles que lles parece

moi ben xa que mulleres e homes poden

facer de todo… Comeza o partido e todo o

mundo anima a Marián.

(2)

HOXE ANTES DE ALMORZAR

UN PAPÁ ÍA PESCAR

PERO NON PUIDO PESCAR

PORQUE TIÑA QUE O FERRO PASAR.

ASÍ O PASABA, ASÍ ASÍ,

ASÍ O PASABA

QUE EU O VIN

HOXE ANTES DE ALMORZAR

UNHA NAI FOISE DUCHAR

PERO A BILLA NON BOTABA

E A TIVO QUE ARRANXAR.

ASÍ A ARRANXABA…

MEU IRMÁN ÍA BUSCAR

ALGUÉN PARA XOGAR

PERO NON PUIDO XOGAR

PORQUE TIÑA QUE ORDENAR.

ASÍ ORDENABA…

MARIÁN E AS SÚAS AMIGAS

TEÑEN QUE IR XOGAR

O PARTIDO É HOXE

E TODO O MUNDO AO CAMPO

IREMOS ANIMAR

DÁLLE MARIÁN, DÁLLE MARIÁN

XUTA MÁIS FORTE

A VER SE METES GOL.

O traballo nas aulas centrouse sobre todo

en actividades da vida cotiá, poucas e

sinxelas, mais que contribuísen á ruptura de

estereotipos de xénero, fomentando no seu

desenvolvemento a participación e a

colaboración do alumnado. Así entre elas

podemos destacar:

— Introdución do tema nas aulas a través

do conto de Marián.

— Falar na alfombra das tarefas que

desempeñan mamá e papá na casa.

— Participación individual e/ou colectiva

en actividades diarias; pór a mesa para

comer e recollela ao rematar, axudar en

tarefas de limpeza e orde da aula...

— Ter na aula, para observar e contar,

diferentes contos relacionados coa

igualdade, contos de oficios, de nenas

e nenos xogando a diferentes xogos...

— Nos encontros da alfombra e cos/coas

máis maiores, conversar sobre os

oficios que desempeñan mamá e papá,

apoiándonos con fotos e láminas de

mulleres que desempeñan “oficios

propios de homes” e viceversa.

— Coa colaboración do alumnado,

recortamos diferentes xoguetes e

fixemos un gran mural no cal aparecen

nenas e nenos xogando con eles.

— Empregamos diferentes técnicas

(pintura de dedo, pegar gomets...)

para facer algunha ficha en que mamá

arranxaba unha lavadora, papá estaba

pasando o ferro...

— Durante este tempo en todas as aulas

se estableceron recantos conforme a

concepción tradicional e estereotipada

dos xogos, eliminando practicamente

os que serían máis neutros, para ver a

tendencia do grupo. Os recantos que se

estableceron foron: Recanto de coches

con gasolineira e diferentes vehículos;

Recanto da casiña con bonecas, ferro e

elementos de cociña; Recanto das

ferramentas... As educadoras logo

da observación do emprego dos

recantos polo grupo aula, fomentaron

que todas as persoas desempeñasen

roles diferentes.

— E por suposto desenvolvéronse as

actividades propias do Entroido tales

como disfrazarse, maquillarse,

recoñecendo alimentos propios destas

datas (filloas, orellas, etc.)...

En canto ao traballo de implicación das

familias, puxéronse en marcha tres

obradoiros de nais e pais, nos cales se

desenvolveron, de xeito simultáneo

á programación das aulas, diferentes

actividades de formación e sensibilización

do colectivo sobre os nesgos e estereotipos

sexistas aínda existentes para que actuasen

adecuadamente sobre eles. Os obradoiros

foron os seguintes

a. Obradoiro de disfraces. Consistiu na

elección dunha temática por aula e no

deseño e confección dos

correspondentes disfraces para que o

día da festa os levasen todas as

persoas participantes. Os temas

elixidos foron:

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!