29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

126

21 de marzo de 2007

O día da árbore

O noso proxecto de centro deste curso é:

“Somos monte, somos vida” vertebra toda as actividades

que se veñen desenvolvendo dun xeito coordinado con todas as

escolas que forman o C.R.A.

Partimos do monte como tesouro que é, e que debemos mimar,

porque o noso obxectivo principal se centra en:

“Desfrutar todos e todas deste tesouro”

¿Como? respectando o noso contorno máis próximo, dándolle vida,

valorando todo o que nos ofrece e medrando xuntos.

Comunidade Educativa

C.R.A. “Mestre Manuel Garcés”

Contextualización:

A celebración do Día da Árbore está

enmarcada nun proxecto desenvolvido ao

longo de todo o curso. As festas do Magosto,

Samaín, Nadal, Entroido, Día do Pai, da

Nai… tiveron a árbore como protagonista

principal. As que a continuación presentamos

son as actividades directamente relacionadas

co Día da Árbore.

Actividades previas:

A principios de curso recollemos castañas

e landras, algunhas dos nosos eidos, outras

dos soutos próximos á escola, para plantar

en botas vellas de coiro que os nenos e

nenas trouxeron das súas casas (segundo

o proxecto de Anxo Moure).

A bota, é todo un símbolo. As árbores non

teñen pés, pero nós podemos axudar a que

se movan…

Durante uns meses puidemos observar

como medraban e que necesidades tiñan.

Con motivo do Día da Paz construímos

en tea unha grande árbore estampando

as mans de todos os nenos e nenas e

colgando das raíces as mensaxes de paz,

que cada aula ía expoñendo. Este mural

retomámolo o Día da Árbore.

Para introducir o tema dos dereitos da árbore,

fixemos primeiro a comparativa de cales son as

nosas necesidades e cales poden ser as

necesidades das árbores. Para axudarnos a

afondar revisamos os dereitos dos nenos que,

xunto co conto “Xaime e as landras”, nos deu

moitas pistas para elaborar a relación dos

posibles dereitos das árbores.

Cada aula elixiu un dereito que debería reflectir

nunha folla de tea para poñelo en común

o Día da Árbore. Con todos os dereitos recollidos

fixemos un colgante en forma de árbore para

poñer na data sinalada.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!