29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Asembleas de aula e xunta de

delegados e delegadas

Por tratarse da primeira vez que, en horario

lectivo, se desenvolve esta actividade

no IES As Telleiras, os titores e titoras

explicaron ao alumnado o sistema de

convocatoria, a elección de secretario/a e

moderador/a, a redacción da acta e a

avaliación dunha xuntanza destas

características. Preténdese que nos

próximos cursos estas asembleas se

convoquen trimestralmente e que

transmitan, xunto con outros temas de

interese para o alumnado, a percepción

que nas aulas se ten respecto aos

problemas de convivencia no centro e a

forma de resolvelos. As conclusións das

asembleas serán levadas polos delegados

e delegadas á xunta de delegados e

delegadas e desde aquí pasarán,

dependendo do seu contido, ao

Observatorio da Convivencia, á Comisión

de Convivencia, á Xunta de Avaliación,

á Dirección do centro... etc.

3. OBSERVATORIO DA CONVIVENCIA (OC)

O Observatorio da Convivencia, que vén

funcionando no IES As Telleiras desde hai

anos, está constituído polo director, o xefe

de estudos, a orientadora, a profesora de

Pedagoxía Terapéutica, os compoñentes da

Comisión de Convivencia e o profesorado

que forma parte da xunta de titores e

titoras. A Xefatura de Estudos emite

quincenalmente un informe no cal se

recollen as incidencias máis notables e

faise chegar a todos os membros da

comisión para o seu debate nas reunións

periódicas dos diferentes colectivos

que a compoñen.

4. REELABORACIÓN DO RRI

O RRI do IES As Telleiras foi elaborado hai

oito anos polo que precisa unha

actualización a todos os niveis (lingüístico,

de modelo, de participación, etc.).

Pretendeuse implicar na reelaboración do

RRI a todos os sectores da comunidade

educativa, de forma especial o alumnado,

do que se recibiron moitas propostas

recollidas nas actas das asembleas de

aula, e as familias que responderon en

menor grao. Para incrementar o seu

interese polo tema programouse coa axuda

do CEFORE de Ferrol unha charla dirixida

por unha profesional da psicoloxía sobre

os problemas de convivencia entre

adolescentes dirixida ás familias, á cal

acudiron unhas vinte persoas

(aproximadamente hai uns 600 alumnos

e alumnas).

5. FORMACIÓN DE MEDIADORES

Durante o primeiro trimestre no horario

de titoría presencial formouse o alumnado

de nova incorporación (1º ESO) na técnica

de resolución de conflitos mediante a

mediación. O proceso tivo lugar en tres

sesións (unha primeira: o conflito nos

centros educativos. Solucións posibles.

A segunda: análise dun conflito e unha

terceira: posta en común. Durante o

mesmo trimestre e en horario lectivo,

procedeuse á formación de mediadores,

no departamento de Orientación, cos

alumnos que solicitaron voluntariamente

participar no programa. Os alumnos recibiron

un curso e un caderniño de formación no cal

se recollen as fases do proceso de

mediación, un guión para a mediación,

os erros comúns e os casos estudados.

A Xunta de Titores e Titoras elaborou materiais

que, baixo o título de “todos metidos nun bote”,

abordan as relacións interpersoais

poñendo especial énfase na necesidade

de relacionármonos dun xeito positivo a través

da comunicación, do respecto, do coñecemento

do outro, do autocoñecemento e da resolución

de conflitos dun xeito pacífico e democrático

dentro da filosofía “Eu gaño ti gañas”.

6. ELABORACIÓN DO

PLAN DE CONVIVENCIA

Finalmente elaborouse un plan, redactándoo

como un procedemento do Sistema de

xestión da calidade segundo a norma UNE-

EN ISO 9001:2000 pola que o IES As

Telleiras foi certificado por AENOR este curso,

que inclúe todo o anterior, e que pola súa vez

forma parte do RRI do centro, no que se

reflicte a filosofía de xestión da convivencia

para o IES As Telleiras que, entendemos, se

debe inscribir no marco dun modelo

integrado dela. Neste sentido potenciáronse

as funcións da Comisión de Convivencia

priorizando a prevención de conflitos sobre a

función punitiva máis tradicional e, para

darlle maior protagonismo, procedeuse a

integrala no OC e a recoller por escrito as

súas funcións, composición e periodicidade

de reunións. Ademais do anterior,

conferíuselle a facultade de intervir

directamente na resolución de conflitos

propoñendo, cando sexa factible, unha

resolución pactada deles. Deuse formación

non só aos delegados e ás delegadas, como

xa se indicou, senón a todo o alumnado para

que puidese participar activamente na

elaboración do plan con actividades como:

¡Deberes, deberes, deberes...! ¿e os

dereitos? (coa cal se pretendeu que o

alumnado coñeza, analice e debata polo miúdo

os seus dereitos e deberes), ¡Fágoo porque

si! (no cal se analiza o regulamento de réxime

interior do noso instituto), Normas... ¿que

normas? (é unha reflexión sobre a necesidade

e a conveniencia de ter normas) ou ¿Que

normas queremos? (na cal con motivo de

modificar o RRI do noso instituto solicitámoslle

ao alumnado que elabore, segundo uns

criterios, as normas de convivencia e as

consecuencias do seu incumprimento).

31

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!