29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Descríbense as fases que se seguiron para a implantación dun servizo de mediación no centro,

baseado na mediación entre iguais, que ten a intención de se estender a un modelo de mediación

profesorado-alumnado e profesorado-familia. Faise, tamén, un resumo do modelo teórico e

conclúese cunha valoración da medida por parte dos profesores coordinadores.

A implantación dun servizo

de mediación entre iguais

Javier García Barreiro

María Nieves Alonso Rodríguez

María Luisa López Lago

Eduardo Rodríguez Machado

Equipo de Mediación IES Elviña (A Coruña)

INTRODUCIÓN

O proxecto de mediación escolar

ponse en marcha dende o centro

de formación do profesorado que depende

da Comunidade Autónoma galega,

ao cargo da asociación Chisem.

1º curso académico: 2005-2006

1ª fase:

No noso centro celebrouse un claustro

ordinario onde se presentou o proxecto de

mediación escolar para que o profesorado o

coñecese; o equipo directivo

responsabilizouse de sacar adiante a

proposta e garantir a viabilidade e

compromiso con ela e estableceu uns

criterios para asegurar a súa implantación.

2ª fase:

Estivo a cargo dun grupo de profesionais e

consistiu en impartir a formación no centro

a todos aqueles interesados en formarse

como coordinadores-mediadores realizando

un curso de 30 horas de adestramento

dirixido ao profesorado.

Tamén se fixo un curso de 30 horas para

formar alumnos e alumnas mediadores.

Elaboráronse materiais específicos que

constan de: casos prácticos, definicións de

conceptos básicos, documentación de apoio

etc. A partir disto, xorde un pequeno manual

de adestramento que consta de actividades,

casos, definicións de conceptos básicos,

suxestións de guión para a sesión de

mediación, documentación de apoio, etc.

3ª fase

Consistiu na posta en marcha do Servizo

de Mediación no centro, segundo as nosas

características especiais entendemos que

debido á conflitividade existente no centro

era necesario iniciar a resolución de

conflitos a través da mediación.

4ª fase

Para o seguimento do proxecto realizáronse

varias visitas dos profesionais para

solucionarmos dúbidas e, ao mesmo tempo,

pasar cuestionarios que recollen os

aspectos cualitativos e cuantitativos

do funcionamento do Servizo de Mediación

do noso centro, así como recompilar tamén

as necesidades detectadas para o

desempeño das funcións do mediador.

Nesta fase cérrase tamén a formación dos

coordinadores en que se trata de conseguir

as expectativas da nosa comunidade

educativa cara ao futuro, e axustar a

proposta formativa para o vindeiro curso.

37

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!