29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Educando

a mirada

Ana María Fernández Castro

Mestra de Educación Infantil

CEIP A Rúa, Cangas do Morrazo

¿Falamos todos e todas do mesmo cando

falamos de matemáticas? Hoxe podo afirmar

rotundamente que “non”. Cando empecei

a traballar e durante bastantes anos,

nin sequera “falaba” de matemáticas,

programaba unidades didácticas non sendo

consciente do currículo oculto nas miñas

propostas: unha concepción formal, abstracta,

madurativa, “preparar para…”.

As matemáticas son un instrumento cultural

que nos permite desenvolvernos no día a día.

Continuamente estamos a facer

aproximacións, medindo, orientándonos

na rúa, calculando o que precisamos…

Pola contra, as miñas prácticas docentes

amosaban unha visión restritiva da

matemática, pois non recoñecían como tal

a que se utiliza na vida diaria.

Como consecuencia, moitos/as alumnos/as

consideraban que o coñecemento matemático

tiña a súa maior expresión no contexto da aula.

A formación teórica e continua abriume unha

nova perspectiva, do construtivismo de Piaget

podían derivar outras interpretacións

didácticas. Había outras alternativas á

matemática formal, afastada da vida real, que,

como moito, propón exercicios divertidos en

lugar de problemas cotiás. A matemática

significativa non entraba polas portas da miña

aula porque consideraba que nela había

certos conceptos que estaban fóra da

capacidade lóxica dos cativos destas idades,

coa conseguinte redución de contidos cotiás,

con sentido.

Co fin de cambiar esta visión reducionista

que afectaba tanto os meus alumnos como

a miña función docente, xurdiu o proxecto

“Con ollos matemáticos”, froito da

necesidade de aprender e ensinar a

observar a realidade dende a óptica

matemática. Foi un proxecto docente longo,

levado a cabo durante tres cursos,

un conxunto de secuencias didácticas

e pequenos proxectos matemáticos

contextualizados nos diferentes niveis de

educación infantil (3, 4 e 5 anos) para,

finalmente, facer unha avaliación sobre a

pertinencia e a potencialidade da proposta

didáctica construtivista en idades temperás.

No DCB (1989) establécense unha serie

de principios de intervención educativa,

baseados nos coñecementos e resultados

obtidos nas investigacións da psicoloxía

evolutiva e da instrución, que se poden

considerar construtivistas e que subscribo

como piares da metodoloxía didáctica

implícita no meu proxecto docente:

> Relacionar matemáticas e vida real,

partindo das experiencias que posúa o/a

neno/a. Contar con sentido, resolver un

problema real, desenvolver unha proposta

que nos interesa…

Proxectos: ¡Canta febre temos! ¡Vai moito

frío! ¡Queremos chegar ata o teito!…

> Facilitar a construción de aprendizaxes

significativas, deseñando actividades que

permitan que o/a alumno/a estableza

relacións entre os coñecementos previos

e as novas aprendizaxes.

“Estes días vindes moi abrigados/as,

¿por que? ¿Escoitastes falar da onda

de frío? ¿Que sabedes diso?…”

(Proxecto: ¡Vai moito frío!)

“O que hai que ensinar

determínase mirando a vida

e como ensinalo mirando o neno”

Wells

> Un enfoque globalizador,

que permita desenvolver as propostas

dentro dun contexto, sen perder a súa

visión globalizada.

Buscamos números na casa, no noso

corpo, na rúa… porque queremos

saber para que serven os números

que nos rodean e, deste xeito,

poder comprendelos e utilizalos

cando o precisemos (proxecto:

¿Para que serven os números?)

> A interacción profesorado-alumnado

é esencial para que se produza

a construción de aprendizaxes significativas

e a adquisición de contidos de claro

compoñente cultural e social.

A linguaxe convértese en mediadora

na evolución do pensamento lóxico…

…no diálogo en gran grupo:

— “¿Cantos cintos pensades que terei

que recortar para o disfrace de

superheroe?”

…nas actividades de pequeno grupo:

— “Ordenade por alturas os/as

nenos/as do grupo, ¿como ides

empezar?” (Proxecto: Canto medimos)

…nas actividades individuais:

— “Miguel, ¿pódesme ensinar

o debuxo da cinta de 50 metros

despregada no corredor? ¿Por que dis

que ninguén dixo a medida correcta?

Dis que o pensaches…, explícate un

pouco máis” (Proxecto: ¿Canto medirá

o pelo da muller chinesa?)

> Ter en conta as peculiaridades de cada

grupo e os ritmos de aprendizaxe de

cada neno/a, favorecendo a autoestima e o

autoconcepto. Interpretar os significados en

101

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!