29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

66

Unha marea de valores…

Proxecto VIVIR O MAR

Abraham Domínguez Cuña

CEIP de Laredo. Valora-Medio Mariño

ANTECEDENTES DO PROXECTO

(O proxecto está enmarcado dentro dos

“Premios Valora” da Consellería de

Educación, financiado pola Consellería de

Pesca e obtido polas intervencións do

centro no medio mariño e a súa

contribución de materiais e experiencias

a centros/comunidades de ámbito rural.

Pódese ver o seu proceso en:

http://centros.edu.xunta.es/ceipdelaredo/

valora/

A necesidade da formación en “valores”

é algo que hai que ter moi presente

na actualidade, ben é certo que os ditos

“valores” son circunstanciais

tanto no tempo como no espazo

así como que poden xurdir cismas

epistemolóxicos derivados da

individualidade que cuestionen

os que son positivos e os negativos.

Así pois o concepto “valores” só ten sentido

dende unha perspectiva grupal, corporativa,

de comunidade, así como a súa formación

só ten xeito dende a colaboración.

Os centros educativos xogan un papel moi

importante na procura de valores activos e

democráticos, posto que cumpren tres

requisitos importantes:

— Son unha comunidade.

— Desenvólvese nun contexto localizado.

— Vivéncianse nun tempo determinado.

Tres variables que constitúen o obxecto

de estudo para a elaboración

de programas de intervención como o que

se expón a continuación, xustificado cos

seguintes principios:

O primeiro é o de contribuír no fomento

dunha “conciencia marítima” coherente

cunha realidade xeográfica onde está

asentada a nosa comunidade educativa.

A nosa terra, a ría e o mar, elementos que

denotan a nosa identidade tal e como

rezaba Xaquín Lorenzo. Elementos do noso

contexto, conquistados polas nosas xentes

no facer social económico como pobo.

Preténdese así retomar e conservar

a conciencia das xentes que relacionaron

e relacionan a súa vida co mundo marítimo,

para así poder construír os sólidos alicerces

dun importante armazón educativo, capaz

de repensar a Galicia costeira de acordo co

traballo en valores.

Derívase do anterior o segundo motivo como

é o de suscitar que este espazo marítimo

sexa multifactorial; espazo creativo,

de desenvolvemento pedagóxico de moitísimo

potencial que, independente da importancia

para a nosa terra, especialmente pesqueira,

debe ser coñecido e recoñecido en tres

ámbitos indisociables:

COMERCIAL

(conserveiras, explotación, a restauración,

a alimentación).

LABORAL

(tipoloxía das pescas, fauna/flora, artes,

embarcacións).

SOCIOAMBIENTAL

(a ría de Vigo, os museos, coidado do

medio, sensibilización, a vida mariñeira,

o lecer, o asociacionismo, recollidas de lixos

en praias...

Recóllese tamén unha experiencia de cultivo

mariño transversal aos tres descritores.

Mencionados eidos dan nome o noso

proxecto: “CEIP LAREDO tres xeitos de vivir

o mar”, mares, eidos ou temáticas

transversais que presentamos en tres

unidades didácticas trimestrais proxectadas

durante o ano escolar. Un aspecto

salientable é o de coordinarse con centros

do interior de Galicia para favorecer

o intercambio/difusión de experiencias

e materiais así como establecer paralelismos

dos diferentes contidos segundo o contexto,

o mar e a terra, a pesca e a agricultura,

especies vexetais/animais mariñas e as de

campo, o pescador e o gandeiro,

mariscador e agricultor…

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!