29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Plan de avaliación

Partimos dunha avaliación inicial,

primeiramente a nivel de grupo

(profesorado – alumnado) para analizar

aquelas condutas que debían ser

modificadas, relacionadas coa falta de

respecto, comprensión, axuda, cariño,

coidado ... A continuación, a reflexión foi

individual a medida que se seguía a ficha

de traballo.

Ao longo do proceso, en todas as xuntanzas

se facía fincapé nestes aspectos,

enxalzando aquelas pequenas mellorías que

se podían observar.

Unha vez rematadas as actividades,

o profesorado reuniuse para avaliar este

proxecto na súa totalidade. Algúns aspectos

traballados puideron valorarse de forma

Ficha de traballo

1. ¿Que significa para ti a palabra ______________ ?

2. Busquemos tres situacións en que esteamos

______________ correctamente.

36

3. Pensemos agora nesas mesmas situacións

pero sen ______________.

4. Pechamos os ollos. A profesora narra unha historia na

cal se pon en evidencia unha situación da vida

do colexio na cal falta este concepto; nárrase desde o

punto de vista da vítima. ¿Como te sentes?

5. Dramatización. Creamos personaxes

(desvinculando o comportamento habitual do neno ou

nena dese que queremos inculcarlle)

que representan unha situación en que este concepto

non se pon en práctica.

inmediata, especialmente a mellora no

comportamento nas entradas e saídas do

centro, e a diminución de conflitos nos

tempos de recreo. En xeral, consideramos

que foi unha experiencia enriquecedora,

altamente motivadora e moi divertida;

algúns aspectos da metodoloxía deberían

empregarse con maior frecuencia:

como a colaboración internivelar, a busca

de novos espazos de traballo ou

o emprego da fotografía como medio de

ensino-aprendizaxe.

De todos os xeitos, os obxectivos previstos

están lonxe de acadarse, polo que todo o

profesorado asumiu continuar con este

traballo desde dentro das aulas, tanto nese

curso escolar como nos vindeiros.

6. Redefinimos a situación anterior mellorándoa.

Previamente acordamos as correccións que habería que

introducir para acadar esta mellora.

7. Redactar un pequeno texto para ler no festival,

no cal se reflictan as conclusións. Eses textos foron

posteriormente publicados no xornal escolar.

8. Decidir como podemos, co noso corpo, expresar

o que aprendemos con este traballo. Farase unha

fotografía, ou ben poden ser varias.

Un dato que pode dar unha idea do ben que

nos “funcionou” este sistema de traballo é

que para a celebración do día da paz deste

ano utilizamos un sistema de traballo

similar ao descrito neste artigo pero

centrado nesta ocasión na prevención da

violencia de xénero.

Como remate desta exposición, copiamos

literalmente o texto composto por un dos

grupos –concretamente o de

“protexémonos”– que foi lido no acto

central do día da paz é, o mesmo que todos

os demais, publicado no noso xornal

escolar; esperamos que vos “chegue tan

dentro” coma a nós.

“Quero protexerte das caídas, dos perigos,

dos golpes, das feridas,

dos insultos, da envexa, das mentiras,

do frío, da chuvia, da ventisca ...

E sentírmonos seguros,

sen medos e sen iras ...

Sabendo que ti me tes,

para todo e sen medida.

Quero construír un cole

onde protexernos con sabedoría

sexa a cousa máis común

entre nós todos os días.

Conta comigo

e coa miña compañía

para construír un mundo

onde non exista a malicia.

Onde te protexerei e me protexerás

das cousas malas da vida,

onde tratarnos da mellor maneira

non teña que ser noticia”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!