26.01.2015 Views

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

SHOW MORE
SHOW LESS
• No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

CLIENTELISMO E GOBERNANZA: UNHA ÁNALISE DA FUNCIONALIDADE DO CLIENTISMO

Introducción

O clientelismo político, aínda na súa vertente contemporánea de

clientelismo de partido (CAZORLA PÉREZ, 1996; WEINGROD, 1968), é

unha práctica política case universalmente denostada (FERNÁNDEZ PRIE-

TO, NÚÑEZ SEIXAS, ARTIAGA REGO E BALBOA, 1997) e rexeitada

(GILSENAN, 1977), identificada co atraso político e co subdesenvolvemento.

A pesares disto, trátase dun fenómeno que pervive incluso en sociedades avanzadas

e modernas como a Galiza do século XXI, mentras que non se dá en lugares

ou en épocas menos desenvoltas 1 . De feito, algúns autores como LEMAR-

CHAND e LEGG (LEMARCHAND e LEGG, 1972) afirman todo o contrario,

que o modernismo foi un factor esencial de modernización en sociedades

desestruturadas e atomizadas nas que a confianza social é moi baixa.

O que pretendemos nesta nota é salientar os aspectos funcionais que para

a boa gobernanza pode ter esta práctica analisándoa dende as novas aportacións

que ten feito a escola austríaca e os teóricos neopopulistas asociados á

revista Telos que ven a necesidade dunha reconversión radical das prácticas

políticas achegándoas máis as necesidades dos cidadáns e desmitificando as

políticas xerenciais e fordistas do novo estado xerencial que buscaría eliminar

as relacións de confianza personal na práctica política en aras dun mayor control

tecnocrático da vida pública (THEOBALD, 1983). No fondo estas formas

de elaborar políticas tampouco difiren en exceso.

1. LUIS RONIGER, (RONIGER, 1983) analisa o fenómeno clientelar en perspectiva

histórica e demostra que o clientelismo é unha práctica non determinada tanto pola

escasez e a pobreza como por outros factores explicables pola estrutura política e social

da comunidade política. Máis ben, o clientelismo sería nalgúns caos máis unha estratexia

de defensa fronte a pobreza e a escasez que a causa orixinaria delas. A modernización

tampouco é capaz de eliminar o clientelismo pois é unha práctica asociada a

outros factores (MOUZELIS, 1985)..

168

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!