26.01.2015 Views

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

SHOW MORE
SHOW LESS
• No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

CLIENTELISMO E GOBERNANZA: UNHA ÁNALISE DA FUNCIONALIDADE DO CLIENTISMO

tión. En caso de non cumprir coa súa palabra ou amosar incompetencia na xestión

dos asuntos encomendados o patrón perdería rápidamente prestixio entre

os seus conveciños pudendo por tanto ser sustituido por outros patróns que

amosen mayor capacidade de xestión. O político “programático” e racional

legal que opera dende as capitais políticas non lle pode merecer ao cidadán o

mesmo nível de confianza dado que este non ten capacidade de facerlle cumprir

a súa promesa en caso de incumprimento, nen sequera de reclamarllo. No

moderno clientelismo de partido non se pode por tanto falar dun electorado

cautivo como sí o era noutras formas históricas de patronazgo (KETTERING,

1988). O patrón cumpre por tanto a función de canalizar as demandas cidadáns

favorecendo a súa integración política ao sentir estes que as súas demandas

teñen algún tipo de audiencia en instancias superiores.

A segunda gran función da relación clientelar é a de conseguir un eficaz

funcionamento da administración pública. Os mecanismos clientelares sustituen

moitas das funcións das burocracias alí onde están presentes (MÁIZ,

1994) e indirectamente buscan adaptar o funcionamento das administracións

as demandas cidadáns conseguindo de facto un funcionamento menos intervencionista

e desburocratizado do poder político, aínda que máis corrupto. A

relación entre clientelismo e corrupción é difusa e indirecta (MÁIZ, 2005),

esto é, se ben a priori non teñen porque estar relacionados clientelismo e

corrupción si se pode constatar que moitas das actuacións clientelares son

corruptas. O que acontece é que a corrupción non parece estar vencellada,

contrariamente ao que se adoita pensar, coa ineficacia administrativa, máis ben

ao contrario. Se lle facemos caso aos traballos de Hernando de Soto sobre

corrupción e desempeño administrativo no Perú (HERNANDO DE SOTO,

2001), a corrupción engrasa a máquina administrativa e axiliza moito os trámites,

e por inmoral que parezca, e o é, o incentivo personal tanto do axente

mediador, quen se encarga personalmente da eficacia da xestión, como o do

propio burócrata consiguen eliminar trámites, reducir prazos e garantir bos

resultados para o cliente. Tampouco toda corrupción é inmoral como apuntan

ROTHBARD OU ROCKWELL (ROTHBARD, 1995; ROCKWELL,

1997), pois en moitos caso é a única defensa que ten o individuo fronte a un

poder que se extralimita nas súas atribucións e invade dereitos fundamentais

172

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!