26.01.2015 Views

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

SHOW MORE
SHOW LESS
• No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

vo para a formación social. De feito, as consecuencias da falta de confianza

social reflíctense en factores como a organización política ou incluso no tamaño

e estructura das empresas, pero isto, como apunta FUKUYAMA (FUKU-

YAMA, 1998) no seu libro sobre a confianza, non necesariamente deriva nun

peor desempeño económico ou nunha sociedade máis atrasada, só nunha

sociedade cunhas determinadas características, con rasgos negativos pero

tamén positivos.

En efecto, os modos clientelares de facer política que caracterizan determinadas

áreas de Galiza non deixan de ser na nosa opinión unha adaptación

das estructuras políticas e burocráticas estatais as peculiares características culturais

e políticas da nosa terra realizadas a través da intermediación do que

NANCY ROBERTS (1996) chama empresarios de políticas. Sabemos que o

intermediario goza da mala fama no común da xente, pero calquer estudoso da

economía austríaca sabe da súa enorme importancia na vida económica, pois

sen eles non poden funcionar as engranaxes da economía, como nos lembra

BLOCK (BLOCK, 1993) no seu magnífico libro sobre o papel dos intermediarios

no mercado, e algo semellante podemos presumir que ocorre no

mundo da política.

Certamente, os mecanismos clientelares desempeñan dúas funcións moi

importantes para garantir unha boa gobernanza en sociedades como a rural

galega, atomizadas e cunha baixa densidade de relacións sociais, as de favorecer

a participación social e a integración dos cidadáns na vida política e a de

garantir o correcto funcionamento das administracións públicas. No que atinxe

ao primeiro aspecto se pode afirmar, sen equivocarnos moito, que as relacións

clientelares, favorecen máis que perxudican a participación política

(CORZO, 2002). En efecto, en entornos sociais cunha gran lonxanía cultural

a respeito dos mecanismos de gobernanza propios de administracións legalracionais,

os patróns aparecen como intermediarios que fan chegar aos escalóns

superior do poder as demandas dos cidadáns ao mesmo tempo que aminoran

a capacidade de dominación estatal. O cidadán establece unha relación de

confianza co patrón debido a que este forma parte normalmente da comunidade

a que pertence o cidadán e ten que respostar diante deles cara da súa xes-

APROXIMACIÓNS Á GOBERNANZA NA EURORREXIÓN GALIZA-NORTE DE PORTUGAL

171

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!