26.01.2015 Views

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

SHOW MORE
SHOW LESS
• No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

CLIENTELISMO E GOBERNANZA: UNHA ÁNALISE DA FUNCIONALIDADE DO CLIENTISMO

Conclusión

Para concluir queremos reafirmarnos na nosa idea de que o clientelismo

non é unha anomalía na forma de elaborar políticas. Calquera que estude o funcionamento

das maquinarias de partido nos países occidentais (KAUFMAN,

1974) ou dos grupos de presión (son moi ao caso os estudos de MANCUR

OLSON e HENRI LEPAGE -OLSON,1992; LEPAGE, 1982- sobre a lóxica

da acción colectiva), decátase de que o mecanismo que rixe no funcionamento

supostamente frío e racional das modernas politeias democráticas non é moi diferente

nen moito mellor cun réxime clientelar, máis ben ao contrario. Os gobernos

democráticos priman e privilexian claramente aos grupos de presión ou organizacións

sindicais que máis capacidade de presión exerzan ou que máis apoio

político reúnan e discriminan aos enemigos e aos febles. As relacións de confianza

e patronazgo, disfrazadas se cabe con maior astucia baixo retóricas lexitimadoras,

non deixan en ningún momento de operar e cicais por iso son ainda máis

perigosas co exercizo, máis desagradable pero máis visible e por eso máis controlable,

do poder clientelar. Tampouco as relacións clientelares son privativas das

institucións democráticas, pois institucións constituidas por individuos cultos e

ben informados como poden ser as universidades, non están exentas da existencia

de tales relacións. Calquera que coñeza as universidades por dentro sabe que

as carreiras profesionais están determinadas en moi boa medida por relacións

patrón-cliente e que existen conseguidores moi semellantes aos que existen nos

concellos do rural galego. E isto non ten por que ser de todo malo, pois o traballo

académico desenvólvese sobre todo a través das chamadas “Escolas” que se

encargan de facer pervivir e de mellorar os corpus de coñecemento. Unha selección

fría, profesional e meritocrática ao cen por cen podería levar a que as ideas

e experiencias dos mellores catedráticos ficasen sen continuidade ao non poder

escoller estos aos seus colaboradores, desperdiciándose deste xeito un importante

capital humano e intelectual. Os males do clientelismo, que existen e son moitos,

son doutra índole. Son males imputables ó propio desempeño do poder político

é a desmesurada importancia que acada a política na moderna vida social. Se

queren ser evitados a única solución é limitar o alcance e a intensidade do poder

político, da mesma forma que se queremos evitar a corrupción, como antes

vimos, teriamos que limitar o alcance da intervención estatal na vida social.

174

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!