26.01.2015 Views

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

REVISTA VIII.qxp - Eixo Atlantico

SHOW MORE
SHOW LESS
• No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Unha visión do clientelismo á luz da escola austríaca

e do populismo posmoderno.

As visións tradicionais do clientelismo víronse cuestionadoas por dous

desenvolvementos teóricos recentes que, se ben non se refiren directamente ao

clientelismo, si que lle poden ser aplicados a fin de arroxar nova luz sobre o

fenómeno. O primeiro deles é a aplicación que fan autores da escola austríaca

como HANS-HERMANN HOPPE (HOPPE, 2004) do concepto de preferencia

temporal aos estudos de política. A tese de HOPPE é que os gobernos

que disfrutan dunha preferencia temporal máis baixa, isto é, que pensan a

longo prazo, tenden a ter niveis impositivos máis baixos, menores regulacións

e a ser en definitiva menos intrusivos cós gobernos máis orientados ao curto

prazo, dado que poden pretender disfrutar como gobernantes das perspectivas

derivadas dunha maior prosperidade nacional. Deste xeito, os gobernos privados

como as monarquías tradicionais, nas que o estado é propiedade privada

dunha familia, tenderán a cuidar máis do benestar a longo prazo das súas posesións

cós gobernos cunha perspectiva máis curta. Esta idea pódese aplicar ao

clientelismo, que goza dunha perspectiva temporal máis longa que modelos

políticos máis modernizados, e, por tanto, tenderán a preocuparse máis do

benestar a longo prazo dos seus cidadáns. O sistema clientelar ten moito de

goberno privado (GRAZIANO, 1976). O patrón normalmente vive no

mesmo lugar cós seus clientes e as súas relacións de confianza son froito na

maior parte das ocasións dun trato continuado, en ocasión herdado a través de

varias xeracións, polo que a súa preocupación polo benestar da comunidade é

máis real que no caso do político que só ven a pedir o voto en época de eleccións

(sí é que vai). A proba está en que as demandas políticas que fai son normalmente

de infraestruturas modernizadoras ou de investimentos económicos

no seu territorio. LEMARCHAND E LEGG (LEMARCHAND e LEGG,

1972) incluso afirman que nos sistemas políticos gobernados clientelarmente

este tipo de demandas de modernización poden chegar a sobrecargar o sistema.

Relacionado con este último ponto están os desenvolvementos do neopopulismo

ou populismo posmoderno, tal e como foi teorizado por autores como

PICCONE (PICCONE, 1994; CANOVAN, 1999) ou GOTTFRIED

(GOTTFRIED, 1999) e agrupados en torno á revista Telos. Estes autores cri-

APROXIMACIÓNS Á GOBERNANZA NA EURORREXIÓN GALIZA-NORTE DE PORTUGAL

169

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!