06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Blanco-Amor, despois de viaxar por Málaga, Sevilla e Cádiz, instálase

outra volta en Madrid, onde vai residir do 2 de maio ó 24 de xuño. Traballa

no proxecto da revista Ciudad (o primeiro número sairá do prelo o 26-12-

1934), asiste ás tertulias, visita ós seus amigos galeguistas e pasa pola Residencia,

onde Lorca apura o seu poemario de Diván del Tamarit. Non se

puido perder as homenaxes que os «barracos» e, días despois, a F. U. E. lle

fan a Lorca, nin as súas visitas ós ensaios de El Burlador de Sevilla pola Barraca

e a Liliom, de Ferenc Molnar, polo Club Anfistora, dirixidas ambas as dúas

por Lorca. O 1 de xuño chega a Madrid Pablo Neruda, que elevará o ton

poético da cidade e axiña establecerá amizade con Lorca, feito que non pasará

desapercibido por Eduardo, pois o poeta chileno era ben coñecido nos

ambientes riopratenses.

Do 24 de xuño ó 31 de agosto, Eduardo vai deixar a capital para regresar

a Galicia. Intervén nas discusións da política galega, asiste ó Día da Patria

Galega en Santiago, e visita as terras de Baiona, Ortigueira, A Coruña,

Mondariz, Caldelas, Mondariz, de novo. Volve o 31 de agosto a Madrid, onde

Federico, desesperado pola pena de perder ó seu amigo Ignacio Sánchez

Mejías, ferido de morte na praza de Manzanares o 11 de agosto, está rematando

a composición do Llanto por Ignacio Sánchez Mejías.

Durante este longo período en Madrid, Blanco-Amor vai seguir a

actividade artística de García Lorca máis de preto e a súa amizade vaise

facendo máis firme. Eduardo ten que gañar a vida coas súas crónicas e verá

a Lorca menos veces das que desexaría, pois a esta altura a admiración que

sente polo poeta granadino é grande.

Esta é unha circunstancia que ós estudiosos da obra de Blanco-Amor

pode sorprender: a escasa frecuencia do escritor nas tertulias e reunións

artísticas, tanto en América como en España. A causa está máis que

xustificada: é un escritor de oficio, ten que escribir para sobrevivir e o traballo

reteno no seu cuarto, diante da máquina de escribir, pois a crónica debe

chegar puntualmente á redacción do periódico.

García Lorca pasa a maior parte do mes de setembro en Granada, onde

remata Diván. Recítallelo a un grupo de amigos, entre os que están Emilio

García Gómez, Francisco Prieto Moreno e Antonio Gallego Burín, quen, como

decano da Facultade de Letras de Granada, llo pide para ser editado pola

Universidade. Cando volve a Madrid, en outubro, Blanco-Amor copia en

limpo algúns dos poemas do libro, reservando catro deles para o Almanaque

Literario 1935, como xa dixemos.

Pero a realidade política e social estaba chea de nuboeiros. Cae o gabinete

radical e o novo goberno formado por Alejandro Lerroux ten unha

100

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!