06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O recital, organizado pola Ponencia de Música e Artes Escénicas do Consello

da Cultura Galega, que preside don Ramón Castromil, celebrouse no seu

salón de actos de Santiago e contou coa asistencia dun público que sintonizou

coa maxia sempre presente da feliz unión da poesía coa música. No acto

sobresaía tamén a presencia de dúas persoas, de grande estima para min,

que coñeceron a García Lorca: Carlos Martínez-Barbeito, amigo do poeta,

que agarima co seu prólogo esta nova edición, e Xosé Figueira Valverde,

Presidente do Consello da Cultura Galega, quen destacaba a singularidade

desta ocasión: a de escoitar os Seis poemas galegos de Federico, devoltos á

súa dimensión lírico-musical, da man de Isidro Maiztegui.

Hoxe sentimos fondamente que xa non estean con todos nós estes tres

homes entrañables pola súa liberal valía intelectual e artística.

O corazón do mestre Isidro deixou de latexar ó pouco de regresar á

súa casa de Mar del Plata. Sabemos que foi feliz co seu reencontro con Galicia

en Compostela. Quédanos a súa música, xa unida definitivamente a este

libro, que tamén é o seu. Nós temos a certeza de que, desde o val dos bos

e xenerosos no que habita e co seu xuvenil entusiasmo de sempre, xa só

está a agardar que Galicia lle represente a súa cantata do Macías o Namorado,

un dos soños dos seus derradeiros días.

Xosé Filgueira Valverde, sempre xeneroso e compracente, prometéranos

escribir un epílogo para esta nova edición, pero a súa morte roubounos as

palabras sabias deste mestre das letras eruditas galegas, quen puxera todo

o seu entusiasmo neste proxecto lírico-musical e en propiciar o encontro de

Isidro Maiztegui coa cultura dos seus devanceiros.

Carlos Martínez-Barbeito, un dos mellores amigos que tivo Federico

en Galicia, dicíanos tamén adeus o día 22 de xuño de 1997, desde A Coruña,

a cidade que el máis amou. Esta nova edición vai enriquecida co seu prólogo

póstumo, de extraordinario interese para o esclarecemento literario destes

poemas.

Esta segunda edición, corrixida e aumentada, estaba xa preparada para

ir ó prelo en 1996. Faino agora no ano do centenario do nacemento de

Federico García Lorca. Non quere apartarse dos propósitos cos que escribimos

a primeira: recompor, a través do discurso blancoamoriano, que sempre me

pareceu o máis coherente, unha historia posible dos Seis poemas galegos,

pensando no lector e fuxindo, sempre que me foi posible, das sobras eruditas.

Non foi doado, ás veces, podar da ramaxe que cobre o froito dos Seis poemas

galegos opinións, teorías e mesmo máis dunha retorta intención. Quedan,

para outra ocasión, análises complementarias que suxiren os poemas: estudio

lingüístico e literario máis fondo destas poesías, traduccións a outros idiomas,

6

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!