06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Comecemos pola mesma disposición dos poemas. Tal como foron publicados,

a súa orde non me parece caprichosa. Foran ordenados polo seu

autor ou polo seu editor, posiblemente co consentimento de García Lorca,

o feito é que constitúen un poemario unitario.

Vexamos. Péchano e ábreno dous poemas de evidente lectura amorosa:

«Madrigal â cibdá de Santiago» e «Danza da lúa en Santiago». Os dous

poemas centrais, con claras referencias lingüísticas e conceptuais a Ernesto,

son tamén amorosos: «Cantiga do neno da tenda» e «Noiturnio do adoescente

morto». E arroupando a estes dous últimos, dous poemas simbólicos da nosa

tradición: «Romaxe de nosa Señora da Barca» e «Canzón de cuna pra Rosalía

Castro, morta».

O poeta popular andaluz reenche o poema «Madrigal» con elementos

identificadores da paisaxe compostelá (choiva, noite escura, rúa, as herbas),

diríxese ó meu doce amor, pero con símbolos lorquianos: o ar, a lúa, a auga,

a soma e a cinza. Seguindo a Ángel Sahuquillo, podemos apreciar as

connotacións oníricas da lúa e a auga co inconsciente e a sexualidade. A

lúa como símbolo de plurivalencia semántica, como algo atractivo e perigoso,

que pode atoparse tanto dentro, como fóra das persoas. 258

De novo, é a lúa, personificada nun galán (Ernesto), a protagonista de

«Danza». Dixemos que era un símbolo atractivo, pero tamén perigoso na

arte lunar de Fedrico. O ritmo de baile frenético e o diálogo nai-filla tenta

romper o feitizo da lúa, mentres a cantiga resoa na Quintana dos mortos.

Os símbolos volven a ser intensos e reiterativos. O ar do ceo, que non é ar,

senón que é lúa, transfigura á nai en brancura. A lúa, en relación co inconsciente

colectivo, representa con frecuencia o eros. As somas (o desexo, o

escuro) contrasta coa luz (a vida), nunha figuración cultural do permitido e

do prohibido. O sono, os soños viven tamén no espírito de quen os crea,

diante de seren traducidos a linguaxe verbal; é producto do desexo, pero

tamén da censura que representa a realidade; por último, fixémonos que a

expresión a flor d’ouro pode estar referida na poesía de Federico á vivencia

e problemas do amor homosexual e así é expresado noutros textos poéticos

do autor.

No segundo bloque, pasamos a analizar o «Noiturnio» e a «Cantiga».

En «Noiturnio» xa dixemos como parece ser que Lorca parte dun

espisodio real. Pero o que importa aquí, unha vez máis, é que un feito real

258

Vid. Luís Pérez Rodríguez, «Carlos Martínez-Barbeito e a súa amizade con Federico García

Lorca», A Nosa Terra, 14 de agosto de 1997, p. 27.

208

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!