06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Ernesto Guerra da Cal nace, pois, en Ferrol o 19 de decembro de 1911.

Seguindo o extracto biográfico de Elsie Allen, sabemos que queda orfo de

pai moi novo e súa nai vese obrigada a retomar os seus estudios na Escola

Superior Normal de Madrid, deixando os dous fillos no val de Quiroga, coa

súa avoa e a tía Consuelo (a «Teteyo», a quen o poeta lle dedica Lua de

Alem-Mar). Hai que subliñar este tempo da súa infancia e pubertade, á beira

do río Sil (García Lorca chamáballe Ernesto do Sil), e as súas primeiras imaxes

infantís en Ferrol, na Galicia atlántica, pois van afirmar nel definitivamente

a súa identidade galega. Cando só ten 11 anos trasládase a Madrid, onde

súa nai acababa de obter praza como mestra. Na capital vai vivir ata os 25

anos, pero nunca esquecería a patria da súa infancia, á que retornaba todos

os anos polos veráns:

Do Lor ao Sil

que verdor

de orvalho

no mês de Abril!

Do Sil ao Lor

que

tremor febril

de cor

ouro, esmeralda e anil...

«Ontem de Cor e Ágoa» 53 .

constitúen un pseudónimo literario, como se ten dito, senón que foi vontade do escritor adaptar

o seu nome ó sistema onomástico anglosaxón, que sitúa o apelido paterno sempre no segundo

lugar. Guerra da Cal resultaría, pois, nome civil e «oportunamente averbado no Registo de

Nascimentos do Ferrol». Sen embargo, esta circunstancia non a puidemos comprobar. Temos

diante de nós o extracto da partida de nacemento, que nos facilitou amablemente o escritor e

amigo Xavier Alcalá, e na inscrición marxinal onde se rexistra a perda da nacionalidade ó se

nacionalizar norteamericano, de data dezaoito de abril de 1945 (o estudio citado de Elsie Allen

sinala o 1944), pon Ernesto Pérez Güerra (teñamos en conta que era fillo de dona Laura Güerra

Taboada, filla de don Carlos Güerra Scoppoli –en italiano, Carlo–, natural de Verona –Italia–). Tamén,

por curiosidade biográfica, damos datos máis precisos: Ernesto Román Laureano Pérez Güerra

vén ó mundo ás vintetrés horas e trinta minutos do día dezanove de decembro de 1911.

52

Guerra da Cal, 1992, p. 218.

53

Dedicado a Novoneyra, cantor do Courel, pertence ó seu libro Río de sonho e tempo;

Guerra da Cal, 1992, p. 168.

78

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!