06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

dor San Martín de Córdoba e, na versión de cantata, no Auditorium de Mar

del Plata. Sería tan só para o mestre a satisfacción de vela representada na

terra de súa nai. E Galicia renderíalle unha merecida homenaxe a quen, aínda

o pasado 14 de xullo, no seu noventa aniversario, recibía unha calorosa

homenaxe da Asociación Argentina de Compositores, ofrecéndolle un concerto

con obras súas, no Salón Dorado do Teatro Colón de Buenos Aires.

Galicia débelle, en xustiza, unha homenaxe.

9.3. Recital musical dos Seis poemas galegos,

por Isidro. B. Maiztegui e Marta de Castro

Morte cruel, esa tredora maña

de roubar de non cato a humana vida...

(Do soneto «Réspice finem» de Pedro Vázquez de Neira).

Rematabamos o apartado anterior, na primeira edición, pedindo a pronta

posta en escena do Macías de Isidro Maiztegui, que sería tamén a ocasión

para que Galicia lle tributara unha homenaxe ó mestre, por moitos méritos

contraídos coa cultura galega. Nós repetimos aquí unha vez máis e agora,

que xa se nos foi, con máis motivo, a solicitude desta estrea. O seu labor a

prol da dignificación da vida dos nosos emigrantes, a través da súa educación

musical nos Coros galegos, que el dirixiu e contribuíu a fundar, sería por si

só mérito suficiente.

O 12 de abril de 1996 presentábase este libro e estreábase a música

que para os poemas de García Lorca compuxera don Isidro. Veu

especialmente invitado polo Consello da Cultura Galega para este acto desde

Mar del Plata (Arxentina). O Consello, aproveitando esta ocasión,

homenaxeaba así tamén a traxectoria musical deste compositor, fillo de

galega. Sabemos, porque nolo contou así o mestre, que pasou uns días felices

en Compostela, en compañía da súa dona Blanca e da súa filla. Coas atencións

da xente do Consello, preparou o recital musical no piano de Ramón

Castromil, membro do Consello, presidente da súa Ponencia de Música e

Artes Escénicas e tamén excelente pianista. Xuvenil e emprendedor,

sorprendeu, ós seus noventa anos, a todos os que tiveron un trato máis

próximo con el, na preparación deste acto musical.

359

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!