06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

de España». «Patios de Toledo», p. 1, desde Toledo –Posada de la Sangre–,

1935 97 ).

Nesta viaxe, a cámara fotográfica de Eduardo sacou unhas excelentes

fotografías de Federico, no círculo familiar do poeta, que figurarían en moitas

publicacións sen o nome do seu autor 98 . Foron algunhas destas: Lorca no

seu dormitorio, diante do cartel de La Barraca, (vestido co seu mono da

farándula), na Huerta de San Vicente, cos seus sobriños, tocando o piano e

con súa nai no recibidor da casa (con esta dedicatoria a Blanco-Amor: «Para

Eduardo, con la que yo más amo en el mundo»).

Aqueles días discorren distendidos, amigables, nos que non nos sorprende

a anécdota que conta Blanco-Amor, testemuña dunha das frecuentes

cousas ou ocorrencias de Federico:

«Estábamos solos en el Generalife un atardecer...; de pronto

se levantó y se puso de pie sobre la muralla, frente a la inmensa

vega, y comenzó a declamar a voz en grito la Oda a Walt Whitman,

como si debajo hubiera una muchedumbre bíblica, mosaicamente

escuchando. Estaba traspuesto, transfigurado, enajenado» 99 .

Blanco-Amor recibiría moi satisfeito a invitación de Federico para pasar

polo Casino, espacio onde se movía a burguesía granadina. Aceptando

o reto, pois non era dos que se encollían ante a animadversión, cruzaría os

salóns dándolle un «repaso» e ollando de esguello ós «putrefactos» lorquianos.

O poeta granadino engade á hospitalidade familiar o regalo da lectura

primicial de Doña Rosita la soltera:

«... aun con los brillos de la tinta nueva temblando sobre el

último pliego» 100 .

Asiste á súa lectura con Pepe García Carrillo, e Eduardo, entusiasmado,

envía unha crítica da obra para La Nación, acompañándoa dunha foto

de García Lorca, que el mesmo lle sacou, no seu cuarto de traballo, co cartel

de La Barraca ó fondo. Conta como viu nacer esta nova obra teatral do

97

Vid. Anderson, 1988, pp. 66-67, nota 49.

98

A fotografía é un capítulo na producción de Blanco-Amor de moito interese. Non concibía

as súas crónicas periodísticas, sen que foran acompañadas dos testemuños gráficos

correspondentes, como bo reporteiro profesional. Fotos de Azaña, Cipriano Rivas Cherif, Lorca,

Rafael Alberti e Mª. Teresa León, Indalecio Prieto, Castelao, Luís Seoane e as fotografías das súas

viaxes. Vid. Eduardo Blanco-Amor fotógrafo, Clube Cultural Alexandre Bóveda, Ourense, 1993.

99

Pérez Coterillo, p. 18. Cito por Gibson, 1987, p. 370.

100

Blanco-Amor, 1935a, p. 3.

106

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!