06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

3.3.3. Por que e cando nacen estes poemas

Blanco-Amor na conferencia citada de 1959 no Centro Galego de Buenos

Aires explica que neses anos do 33-35 atopou a Federico moi interesado

pola literatura galega. Sentía por ela unha especie de fascinación literaria.

Como se descubrira, de pronto, unha zona impoluta e se sentira atrapado

por unha especie de gracia lingüística, di Eduardo.

Andrew A. Anderson 176 centra máis o tema: os Seis poemas galegos de

Federico García Lorca nacen por unha combinación feliz de factores diversos.

O primeiro deles sería o coñecemento e admiración que Federico sentía

por Galicia, que nacera nas catro viaxes efectuadas á nosa terra. Eduardo

Blanco-Amor diríao poeticamente: Lorca entrou en Galicia pola porta

grande da paisaxe. Sentiuse poeta de «... la alta hierba y de la lluvia» 177 .

E, despois deste achegamento a Galicia, penetra na súa alma e mesmo

deixa referencias na súa obra literaria máis diversa. Por exemplo, na súa

célebre conferencia da «Teoría y juego del duende» sinala ó mestre Mateo

entre os «tocados» universais polo misterio e cita tamén a romaría de San

Andrés de Teixido e o meigo río Sil.

O segundo factor será a amizade. En Galicia coñece e trata con moita

proximidade a unha xeración de escritores e artistas galegos, dos que se

fará amigo: Álvaro Cunqueiro, Feliciano Rolán, Arturo Cuadrado, os irmáns

Dieste, Luís Seoane, Carlos Martínez-Barbeito, Suárez Picallo, Castelao. Pero,

para o estudio dos poemas galegos, Blanco-Amor e, sobre todo, Ernesto

Pérez Güerra. Este foi, sempre segundo Eduardo, o incitador decisivo da

escritura dos poemas:

«Ernesto fue el animador de Federico en años muy significativos

de su vida (...). Para Federico fue este ser íntimo del que

dependen tantas cosas, como lo fue después Rafael Rapún, muerto

de un cañonazo. Son esas gentes de las que no se habla pero

sin las cuales queda sin explicación la euforia creadora, los grandes

momentos en que una sola persona es todo el público» 178 .

Vexamos o terceiro factor: a tradición literaria galega. A xeración de

Federico, segundo lle confesou R. Alberti a Blanco-Amor, lía os Cancioneiros,

176

Anderson, 1988, pp. 31-5.

177

Rodríguez Lence, 1933.

178

Carta a André Bellamich, 1981. Cito por Anderson, 1988, p. 123.

157

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!