06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Polo tanto, despois de chorar a morte do seu amigo asasinado, este

propósito convertirase en decisión firme e irrevocable.

Na súa carteira de conferenciante e profesor extraordinario dos Cursos

de verán das universidades de Uruguai, Chile e Arxentina, está sempre

o tema de Federico, tratado desde moitas facetas diferentes, pero é o perfil

humano o máis querido para o escritor.

Non é o meu propósito deixar unha documentada constancia deste tema,

traballo interesante que poderá ser desenvolvido con máis vagar, senón o

de sinalar algúns momentos e circunstancias do seu papel de biógrafo de

García Lorca, sen perder de vista que o motivo principal deste estudio era

comentar os Seis poemas galegos. Mencionaremos só os momentos máis importantes.

En entrevistas e escritos, confesa que non puido nunca desfacerse da

querida sombra de Federico e que, cando o evoca, sénteo sempre ó seu

lado, como un arcanxo mudo. Recordo no que están tamén os pais e familiares

de Federico. A través das súas fotos, sacadas na Huerta de San Vicente,

aboiaban as imaxes dos seus encontros con Federico en Granada. Entre

os orixinais dos Seis poemas galegos conservaba Eduardo, con agarimo filial,

a nota necrolóxica do falecemento de dona Vicenta Lorca Romero, a

nai do poeta, ocorrida o nove de abril de 1959.

Algúns dos artigos máis importantes que estudian a personalidade de

Federico son: «Un recuerdo de Federico García Lorca. Cómo nació un libro

inédito», «El (sic) Diván del Tamarit» 237 , escrito para os seus lectores uruguaios,

no que explica os días que pasou con el en Granada e a experiencia creativa

do Diván. «Evocación de Federico», publicado en La Nación de Buenos Aires,

acompañado das fotos que el lle tirou en Granada, lembra aqueles tres

apretados e esperanzados anos da República española. «Persistencia de García

Lorca» (El Nacional, Caracas), «Federico, después de veinte años» (rev. da

Universidade de La Plata), «Pequeñas memorias con Falla y García Lorca I e

II», (La Voz de Galicia), «Federico, otra vez; la misma vez» (El País). Estes

son algúns dos artigos, nos que de forma persistente (Blanco-Amor dicía

que non podiamos deixar morrer ós nosos mortos, pois entón o pobo perdería

a súa propia memoria) Eduardo conversa con Federico, nunha ágora

cos seus lectores.

237

Non se citará o lugar da publicación destes artigos, porque o lector pode atopalo na

bibliografía de Blanco-Amor, que se acompaña no final deste traballo.

187

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!