06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ocha, que é tamén a barca que a transportou ata o santuario. E os catro

bois que a levaban, que pertencen sen dúbida a outra das nosas romarías

populares: Nosa Señora da Franqueira, cantada por Cabanillas. Neste punto,

como noutras referencias temáticas de fondo, veñen a confirmar a nosa

sospeita de que as influencias esténdense a outros contertulios do café Regina,

onde Federico acudía con Pérez Güerra e Serafín Ferro. Posiblemente, Ramón

Cabanillas contoulle a Federico, entre outras moitas lendas, a romaría

da Nosa Señora da Barca e a da Nosa Señora da Franqueira, e García Lorca

fai esa mestura poética tan súa, pero tan fermosa sempre 180 . O certo é que,

efectivamente, a Virxe da Nosa Señora da Franqueira é unha imaxe moi

antiga, pequena e de pedra. Despois da misa maior, a Virxe, cun manto

azul, sae nun carro, tirado por xuntas de bois, tamén cubertas de panos sedáns

brancos, sen que falte o aguillón con punta de ouro 181 .

«Cantiga do neno da tenda» transpórtanos ós galegos da emigración.

De novo, Lorca pon en danza metafórica os elementos reais: o Río da Prata,

as rúas infindas, a concreta rúa Esmeralda, pola que paseou o poeta, as

ribeiras da pampa... E, como música de fondo, a muiñeira d’goa, a muiñeira

bailada polo emigrante, mentres discorren polas súas meixelas as bágoas

da saudade. Sismundi é tamén un topónimo concreto, da comarca de

Ortigueira, que, segundo me referiu Guerra da Cal, el mesmo lle

proporcionou. Bermello muro de lama é metáfora lorquiana, pero pode

observarse efectivamente esta cor «melena de león» cando as augas

mesturadas do Río da Prata e o océano se confunden 182 .

«Noiturnio do adoescente morto», de intenso paralelismo e con ecos

das Coplas manriqueñas, cos seus signos reais: o río Sil, que leva no seu

colo ó adoescente afogado, aínda quente, cara ó mar (a morte definitiva).

180

Na miña conversa con Guerra da Cal, sen facer, pola súa parte, referencia á romaría da

Nosa Señora da Franqueira, contoume que fora el quen lle falou desta pequena Virxe de pedra

e dos catro bois. Durante a entrevista constatei que case sempre se apropiaba do discurso dos

Seis poemas galegos e que podía estar indo máis alá do que puido influír a cultura e coñecemento

poético que podía ter un mozo como Ernesto, de 22 anos, e criado culturalmente en Madrid.

Posiblemente estaba a confundir, ós seus oitenta e un anos, as voces cos ecos (son palabras de

Landeira Yrago). ¿Por que Lorca non puido escoitar esta historia da boca doutros amigos galegos,

léase Serafín Ferro, Eduardo Blanco-Amor (quen se atribúe tamén o protagonismo, que comparte

con Carlos Martínez-Barbeito) e outros? Todos eles puideron, pola súa vez, escoitala de Ramón

Cabanillas, quen, por certo, a contou poeticamente de xeito fermoso.

181

Vid. Sueiro, Jorge-Víctor, 1983, pp. 140-9, 195-201.

182

Outra volta, Lorca poetiza sobre a realidade concreta. Nós mesmos puidemos comprobar

como en Arxentina e Uruguai está viva popularmente a comparación destas augas coa cor da

«melena» de león.

159

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!