06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

-¡Eh, eh, marineros del secano

de vuelo vamos!

Tu pamela, ave loca, da gritos amarillos...

De termos en conta as palabras de Guerra da Cal, Federico non acollería

con moita simpatía a Eduardo. Viña «moi arxentinizado» e a Lorca parecíalle

que tiña «unha cursilería de tango». Por outra parte, outro dos posibles reparos

viña de que a súa homosexualidade era aberta e manifesta. A verdade é

que, como veremos, os testemuños serodios de Guerra da Cal non corresponden

coa realidade dunha relación que non só deu froitos concretos nesta

etapa 33-35 en España, senón que perdurou ata a morte do noso escritor.

Vexamos. Blanco-Amor chega a España como correspondente de La

Nación de Buenos Aires, disposto a participar activamente e a transmitir,

como periodista, aquela vivencia de transformación dunha España atrasada,

que aspiraba a modernizarse. Os destinatarios das súas crónicas son os

lectores riopratenses e os emigrantes galegos 71 . Aquel Buenos Aires de entón

era berce de artistas e intelectuais de sona: Alfonso Reyes, a quen Lorca

admiraba, J. Luis Borges, Leopoldo Lugones, Horacio Quiroga. Blanco-Amor

era un xornalista de prestixio e traía o aval de ter participado activamente

no renacemento cultural dos emigrantes: fundador das revistas Terra, Céltiga,

do periódico Galicia, autor de libros poéticos como Romances galegos,

Poema en catro tempos. Polo tanto, en principio, a súa relación con Lorca

hai que entendela no afán de Eduardo por conectar coa intelectualidade

española da República. De igual maneira, buscará as opinións de Unamuno,

Ortega, Azaña para retransmitilas por radio para América. Se a amizade con

García Lorca foi máis íntima, esta débese ás moitas afinidades que compartían,

como iremos vendo.

Guerra da Cal e Blanco-Amor seguiríanse vendo con certa frecuencia

nos ensaios do Club Teatral Anfistora, nas estreas das obras de Lorca ou en

actos culturais. Blanco-Amor mesmo se atribúe unha certa influencia beneficiosa

no galeguismo de Ernesto:

«Supoño que a miña amistade de aqueles anos, que foi moi

fermosa, remexeu nel o seu pouso de neno galego perdido en

terras alleas» 72 .

É verdade que Blanco-Amor sempre soubo transmitir un galeguismo

comunicativo e, neste caso, con máis experiencia galeguista có mozo Er-

71

Ver Pérez Rodríguez, 1993a, 1993b.

72

Casares, 1973, p. 342.

89

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!