06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

para tocarme ó piano o «Madrigal». A música dos restantes poemas chegou

pouco tempo despois.

A unión da música coa poesía é, de seu, un acto natural. Pero a música

para o poemario lorquiano en galego é un acontecemento que temos que

celebrar. Os Seis poemas galegos, no seu conxunto, xa teñen música e poden

ser cantados en fermosas veladas. Gracias, mestre. Federico, Ernesto,

Eduardo xa teñen música para os seus poemas 281 .

9.2. Música para os Seis poemas galegos

Sería ousado pola miña parte tentar resumir o currículum de Isidro

Maiztegui. Nos seus noventa anos viviu unha das experiencias musicais máis

ricas.

Ten obras para piano, canto e piano, voz e frauta, frauta e guitarra,

para conxuntos instrumentais, de orquestra e de cámara, guitarra, arpa, clave,

música para teatro, cine (recordamos, desde aquí, Muerte de un ciclista,

Calle Mayor, Sonatas, todas elas de J. A. Bardem).

Director musical dos mellores teatros de Arxentina, membro de

comisións culturais, profesor de conservatorio, director de arquivos musicais,

obxecto de múltiples homenaxes e premios.

Pero quero destacar aquí de Isidro Maiztegui o traballo como director

dos grupos corais Ultreya, Os Rumorosos e Terra Nosa. Todos sabemos o

labor destas corais na defensa da identidade galega a través da música.

Pido, desde estas páxinas, a pronta estrea en Galicia da súa cantata

escénica Macías o Namorado (Poema escénico —prosa e verso— sobre unha

cantata de Otero Pedrayo, por Ramón Cabanillas e Antonio de Lorenzo).

Temos un mito literario: Macías o Namorado e a súa cantata, con música de

I. B. Maiztegui. Sería un acontecemento musical de primeira liña. Esta obra

non precisa que confirme a súa valía: foi estreada con grande éxito en versión

completa (ballet, coreográfica, decorado, vestiario) no Teatro Liberta-

281

Temos noticia de que algúns deste poemas, de xeito individual, xa foron musicados.

Tal é o caso de «Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta», polo barítono Antón de Santiago.

Pero tamén sabemos que outros autores lle puxeron música e cantaron algúns destes poemas.

Xoán Rubia, no seu disco Lembranzas, editado por Zafiro, canta o «Noiturnio», a «Cantiga»

e a «Canzón». En Cantares da miña terra, producido por Fonogram, o «Madrigal». Amancio Prada,

o poema da «Danza». Outros músicos que se ocuparon dos poemas: A. Iglesias Vilarelle, Grupo

Jarcha, etc.

358

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!