06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

No tocante á escrita dos poemas, atopámonos tamén con problemas

para datalos. Unha vez máis, García Lorca constátanos a súa despreocupación

por este asunto.

Como tese xeral, os poemas empezaríanse a compor despois do verán

de 1932 (co «Madrigal») e remataríanse os restantes, como afirma Guerra

da Cal, en 1934 185 . Todo o máis, podiamos admitir, como data final, a primavera

ou comezos de verán de 1935 186 .

García Lorca viña falando, desde maio de 1932, da súa intención de

escribir poesías en galego. A partir desta data, hai que situar o nacemento,

elaboración e escritura dos poemas. O proceso é complexo e nel conflúen

moitos factores, que farán posible a publicación desta xoia literaria. O poeta

puido pensar nun primeiro momento, como é natural, na súa propia lingua

de expresión, o castelán. Pero xa dende a prehistoria destas poesías, puido

partir tamén de borradores en galego, que se converterían máis tarde en

copias en limpo. Neste punto, o poema que lle entregou a Carlos Martínez-

Barbeito, en papel azul, con cabeceira do hotel Compostela, tampouco nos

aclara esta cuestión, pois o escritor coruñés non recorda en que idioma estaba

escrito 187 . A poesía:

«... se refería a la lluvia y al mar de Galicia y a los bueyes

que miran pensativos desde los húmedos prados a los viajeros que

(Vid. Filgueira Valverde, 1993, 1994).

Ricardo Palmás apoia tamén esta idea de Filgueira Valverde e engade:

«Interesante a suxestión do Filgueira. A seguir ao muro da Quintana -o das monxas- está,

máis retirada, a entrada á igrexa. Alí hai un San Paio vestido de cortesán do XVIII cun cuitelo

encravado no pescozo. O branco galán baixo a lúa? Pode ser. Bon, xa sabes a lenda: Abderramán

quíxolle comer o rabo... Contáronlle a estoria ao Lorca? Voltamos ao mesmo asunto. O poema

latino que lle dedicaron en Alemania é tido por algúns como o primeiro texto medieval de ‘temática

gay’. Nunca cheguei a velo e non sei que conta» (carta xa citada do 19-1-1936).

Apreciacións interesantes, pois, unha vez máis, García Lorca pode estar dándonos, como

eu creo, unha nova metáfora fundida sobre realidades preexistentes: Ernesto é Ramón de Sismundi,

transformado poeticamente no neno da tenda e agora tamén é branco galán, fundido coa imaxe

do mozo mártir San Paio.

185

Vid. Franco Grande, 1985a.

186

Ian Gibson, Andrew A. Anderson, Landeira Yrago e Franco Grande son algúns dos

críticos que se teñen ocupado deste tema. Blanco-Amor, que precisamente non se distingue pola

súa precisión nas citas, incorre en frecuentes contradiccións. Pero el, máis que apreciacións formais,

que poden ser traicionadas facilmente pola memoria, vai sempre á cerna da cuestión: os poemas

son da autoría de García Lorca e Guerra da Cal é o «incitador» dos mesmos, coma el vai ser o seu

editor. Aquí é onde radica a cuestión.

187

Conversas con Carlos Martínez-Barbeito, na súa casa da rúa Juana de Vega (A Coruña).

161

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!