06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

dorso da carta no que está redactada ten a data do 9 de novembro e podía

estar agardando a Lorca do seu regreso de América, enriba do seu despacho.

«Canzón de cuna» está escrita coa mesma letra que a anterior e os

primeiros versos apógrafos de «Danza da lúa», polo que estes textos tamén

puideron ser escritos á volta de Lorca de América 191 , isto é, en 1934.

Estes autógrafos e apógrafos embarcaron con Blanco-Amor para América,

quen os conservou durante moitos anos, mentres o críticos e comentaristas

facían cábalas sobre os poemas. Coñecían os orixinais algunhas persoas

do contorno íntimo de Eduardo: os seus alumnos das clases de literatura

galega, que pasaban polo seu departamento. En contadas ocasións foron

sacados da súa casa, a non ser para ser expostos noutros ámbitos da súa

familiaridade, como ocorreu en 1959 no Centro Galego de Buenos Aires,

ante a ollada curiosa de Otero Pedrayo. Non esquezamos que o Centro

Galego era como a súa segunda casa, onde desenvolvía o seu labor galeguista.

Estes orixinais quedaron en poder, como xa se dixo, da Deputación

Provincial de Ourense, que mercou a biblioteca do escritor auriense, e foron

dados a coñecer en facsímile por Landeira Yrago en 1985.

3.3.4. Tese blancoamoriana: autoría lingüística e literaria dos Seis

poemas galegos

De novo, queremos prestar atención ó prologo que Blanco-Amor

antepón ós Seis poemas galegos, publicados na Editorial Nós en 1935.

Blanco-Amor quere deixar claro que Federico é o autor dos poemas e

reduce a súa intervención nos mesmos. Isto vai contradicir, como exporemos

máis adiante, as teses de Guerra da Cal, que si sobrevalorou a súa,

sorprendentemente despois da morte de Blanco-Amor e cando se deron a

coñecer os orixinais dos poemas, boa parte deles escritos coa súa letra.

Non nos enganemos. Eduardo coñecía perfectamente cal era o nivel

de penetración de Lorca no galego. Pasou con el moitos momentos e leu

con el tamén textos de autores portugues e galegos. A tese blancoamoriana,

máis interesante, é máis ampla e vai á cerna da cuestión, máis alá de ortografías:

Federico quedara seducido non só polo idioma, senón pola paisaxe,

a música e a literatura galegas, os amigos.

191

Aínda que, para o caso de «Danza da lúa», Lorca podería ter escrito un borrador previo,

que explicaría a vaga referencia desta poesía na entrevista de Rodríguez Lence en Buenos Aires,

sobre unha noite de lúa en Santiago. Mesmo é máis crible que a citara de memoria.

163

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!