06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

!Si a lua la lua 228

couronada de toxo

que baila e baila e baila

!na Quintana dos Mortos!

A partir do verso 5, Federico supostamente está a escribir a traducción

espontánea de Guerra da Cal, se temos que facerlle caso ás súas palabras.

Os erros lingüísticos poñen de manifesto, segundo Franco Grande e Guerra

da Cal, unha falta de dominio de García Lorca para escribir en galego.

Se isto fora deste xeito, o poeta granadino non estaría a facer máis que

a redactar o que oe. Guerra da Cal estaba presente e podía advertirlle os

erros, que Lorca trataría de emendar facendo novos riscos. Pero non ocorre

así.

Mesmo, sendo xenerosos, podemos admitir esta hipótese ata o verso

9, momento en que o poema comeza a acumular tantos erros que amosa,

evidentemente, que Ernesto non está presente. Entón, tivo que estancar de

novo a inspiración e, a partir deste verso e coincidindo coas interrogacións

retóricas, o que nos parece é que García Lorca está empregando o galego

que sabe e que está a compor o poema a soas. O galego que sabe é defectuoso,

cousa que Blanco-Amor nunca negou. Pero é o galego de García Lorca,

quen partiría destes autógrafos en borrador, quedando a salvo o fondo da

cuestión que Eduardo sempre afirmou: a autoría lingüística e literaria dos

poemas lorquianos.

Como afirma Andrew A. Anderson 229 sobre este poema, as riscaduras e

o proceso de cambiar palabras e de escritura ten as características dos demais

autógrafos lorquianos e non parecen obedecer a unha transcrición oral.

Axudado seguramente polo vocabulario «precaucional» de Romances galegos

de Blanco-Amor e sen ter maiores coñecementos da gramática do galego,

os seus erros son os típicos dun galego aprendido pasivamente e por vía

literaria, como xa temos dito: incorreccións en contraccións, formas verbais,

colocación de pronomes, castelanismos, arcaísmos, hipergaleguismos, etc.

Neste punto, tivemos a oportunidade de exporlle a Carlos Martínez-

Barbeito as nosas conclusións 230 sobre esta cuestión.

228

Vid. nota 146 .

229

Vid. Anderson, 1988.

230

Conversas con Carlos Martínez-Barbeito, agosto de 1995.

177

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!