06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

o gozo e a reproducción por medios mecánicos dos meus amigos que os

solicitaran.

Lento, pero seguro, Luís Pérez esgotou a materia. Ninguén coma el

soubo descifrar os misterios e aclarar as dúbidas sobre como se idearon os

poemas galegos de Federico García Lorca.

Non é de estrañar que o seu libro se esgotase de seguida e que o

Consello da Cultura Galega teña que editalo de novo.

A min alégrame que a memoria e mais a figura de quen foi o meu

grande amigo e inmenso poeta, tan barbaramente sacrificado, sexan mellor

coñecidas por mor da erudición e do firme empeño de Luís Pérez. E a miña

satisfacción é aínda máis grande se considero que, nalgunha medida, teño

contribuído a que o coñezan mellor e máis a fondo.

¡Ah!, e para rematar estas liñas, non quero omitir un recordo cordial

para o meu vello amigo, o músico arxentino tan integrado en Galicia e tan

entrañado en Lorca, a quen coñecín nalgunha tertulia literaria madrileña,

Isidro Maiztegui, quen, pouco antes de falecer en Mar del Plata, acompañou

ó piano en memorable acto á moza soprano que interpretou en Compostela

a encantadora música que Isidro compuxera para os Seis poemas galegos,

co que enriqueceu, sen desvirtuala, a poesía de Federico.

Carlos Martínez-Barbeito. A Coruña, 1996.

12

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!