06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Despois de ver os orixinais autógrafos e apógrafos dos poemas, que

non coñecía e, sobre todo, «Danza da lúa en Santiago» (apógrafo-autógrafo),

opinaba coma nós: os erros lingüísticos observados no poema parecían

indicar que Federico estaba a compor o poema a soas, pois, doutro xeito,

Guerra da Cal teríalle que ter advertido os erros e aparecerían as

correspondentes riscaduras no poema.

Esta era unha opinión moi cualificada, posto que a interpretación que

dera no seu artigo de 1945, que Díaz-Plaja recollera no seu libro de 1948,

provocou a reacción de Blanco-Amor ante esta «miúda intriga», que era tanto

como supor que Federico escribira os poemas en castelán e, posteriormente,

foran traducidos ó galego por Guerra da Cal ou Blanco-Amor.

Estariamos, entón, diante dunha «estafa literaria», que Blanco-Amor negou

sempre, porque sabía moi ben que Federico nunca se prestaría a ela.

Polo mesmo, podemos admitir con X. L. Franco Grande que o poema

«Madrigal» foi escrito en 1932 (salvando, como ten afirmado X. Alonso Montero

en diversos escritos, a posible colaboración lingüística final de Luís Manteiga

e Francisco Lamas). Tamén que a colaboración lingüística dos restantes

poemas, que se plasmaría nos orixinais conservados, puidera producirse en

1934 (deixando a salvo que García Lorca iniciaría o proceso creativo antes,

partindo de borradores previos), pero nunca as súas afirmacións absolutistas

de que «... Lorca non sabía unha palabra en galego», «... Lorca non podía

facer a dereitas un dictado en galego», etc. Nós, que tamén temos lido e

relido estes poemas lorquianos, podemos entender pola contra que Lorca

escribira «mortos e mortas de néboa/polas congostras chegaban», fronte á

incomprensión de Franco Grande. Pois, ademais de ser «congostras» un préstamo

de Eduardo (no orixinal é «sendeiros»), os «mortos e mortas de néboa»,

que chegan a San Andrés de Teixido, en peregrinaxe, escoitouno Federico

non só, posiblemente, de boca de Guerra da Cal, senón tamén a Blanco-

Amor, por aquelas datas máis instruído nas tradicións e cultura galega (e

remítome á súa obra: obras son amores...) ca un mozo Ernesto, quen, pola

súa idade (21-23 anos), estaba nunha fase receptiva da cultura galega máis

ben escasa. Pero hai tamén outros galegos que, como dixemos, frecuentaban

o café Regina (e falamos de R. Cabanillas, Castelao, Suárez Picallo...)

dos que García Lorca oía estas e outras tradicións, con Guerra da Cal e Serafín

Ferro. Pois, como temos xa sinalado tamén neste estudio, a cultura e

as tradicións galegas deixan alusións diversas na súa obra. En concreto, na

súa Teoría y juego del duende hai referencias a San Andrés de Teixido.

Sorprendentemente, este poema, que García Lorca acabaría a soas, é o

máis logrado para Blanco-Amor e tamén para nós.

178

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!