06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Luís Manteiga cóntalle a Carlos Martínez-Barbeito o encontro con Federico,

en papel co selo da revista Yunque:

«Lorca ha caído entre nosotros; nos habló de María Blanchard,

nos dijo sus versos y nos habló de ti, del Carlitos limpiamente amigo

y paseamos mucho, él, Lamas y yo, por el anillo de las murallas;

y Lorca hizo aquí el milagro de que le aplaudiesen sinceramente

los que están muy lejos de él y de sus cosas; y Lorca nos dejó para

Yunque su primera poesía gallega, hecha en Santiago… 35 ».

1.5. Quinta viaxe de García Lorca á Galicia ideal dos emigrantes

Federico viaxa a Buenos Aires e a Montevideo e ten un encontro significativo

cos emigrantes galegos das ribeiras do Río da Prata. Alí vai nacer

o tema para o poema «Cántiga do neno da tenda».

Sabemos que o motivo inmediato da súa viaxe era o éxito de Bodas de

Sangre, representada por Lola Membrives, e o ánimo por dar a coñecer o

seu teatro en América. Pero Federico precisaba romper tamén, por veces,

as cadeas da estreita cerca vital do seu redor e buscar novas fronteiras para

o seu espírito. A súa inmersión na América hispana rubeniana era a outra

cara da anglosaxona de Poeta en Nueva York. Como lle pasara xa na súa

viaxe a Cuba, alí atopou o aire limpo e a voz amiga e sentiuse feliz. Entre

esa nube de xente que agardaba no porto de Buenos Aires a chegada do

barco Conte Grande onde el viña, estaban moitos galegos e algo tivo que

ver a chamada de alerta de Blanco-Amor 36 e Suárez Picallo, desde España,

ós galegos da Federación de Sociedades Galegas e do Centro Galego de

Buenos Aires. O actor galego Fernando Iglesias Tacholas 37 lembroume hai

uns anos, no Salón Castelao do Centro Galego de Buenos Aires, este

recibimento apoteótico de Lorca, hospedado no hotel Castelar, mesturado

cos galegos pola Avda. de Maio. Traía a aura de ter escrito uns poemas en

galego e os emigrantes, entusiasmados, seguírono a todas as partes. Os

35

Lugo, 26/11/1932. Arquivo epistolar de Carlos Martínez-Barbeito, con autorización de

Isabel Martínez-Barbeito.

36

En declaracións previas á estrea de La Zapatera prodigiosa, Lorca declara que as

manifestacións que faga ó público arxentino desexa que sexan por intermedio de La Nación,

pola condición de vello amigo deste periódico; pero non esquezamos que Blanco-Amor, que

levaba catorce anos en América, viñera de correspondente do diario bonaerense a España e axudara

a preparar esta viaxe de Lorca. Algo tivo que ver, pois, nesta cuestión.

37

Ver Luís Pérez Rodríguez: Fernando Iglesias “Tacholas”, un actor auriense na Galicia

ideal, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1996.

29

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!