06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Desta viaxe a Granada, seguindo a Ian Gibson 84 , Eduardo trae para Madrid

varios poemas da aínda colección inédita Diván del Tamarit. «A Casida

de los ramos» aparecerá o 26 de decembro de 1934 na revista Ciudad, da

que Blanco-Amor é redactor, e en febreiro de 1935 aparecerán no Almanaque

literario, correspondentes ás catro estacións de 1934: a «Casida de la

muerte clara» (poema rebautizado máis tarde como «Gacela de la huida»),

«Gacela del mercado matutino», «Gacela del amor con cien años» e «Casida

de la mujer tendida boca arriba». De todos os modos, ben puidera ser que

algúns destes poemas lle foran entregados a Eduardo, ben en xuño de 1934

(Blanco-Amor está do 2 ó 24 de xuño en Madrid e Lorca traballa precisamente

durante os meses de maio e xuño na Residencia), ou ben nos primeiros

días de outubro, tendo en conta que Lorca podería ter finalizado o libro en

setembro e Blanco-Amor residirá en Madrid un longo período da súa estadía

en España (15 de setembro de 1934 ata o 20 de xuño de 1935). Polo

mesmo, cando Blanco-Amor alude ó nacemento da «Gacela del mercado

matutino», que escribiu ó seu lado e da que el sabe cando, por que e para

quen a escribiu, tivo que suceder no verán de 1934. Nunhas notas manuscritas,

atopadas na súa biblioteca, redactadas en Buenos Aires, en maio de

1937 85 , Blanco-Amor xa non poderá perderse por aquelas sombras azuis...

«sin encontrarme, en cada recodo, con la sombra malherida

de Federico y el clamor mudo de sus ojos sin eco. Por las alamedas

del Generalife, donde vaga solo un galán y el aire... Y por la

puerta de Elvira, donde una tarde Corpus, escribió, sin escribirla,

tecleando con las manos libres en las palabras habladas aquel poema,

que yo he de repetir allí mismo, al paso de su sombra sin

reposo, en sus justas palabras iniciales:

Por el arco de Elvira

voy a verte pasar

para sentir tu nombre

y ponerme a llorar. 86

85

«Un recuerdo de Federico García Lorca. Cómo nació un libro inédito», El (sic) Diván del

Tamarit. Notas que estaban escritas para Ensayos (Montevideo), II, nº. 16, outubro de 1937, pp.

1-6. Vid. Anderson, 1988, p. 156.

86

Blanco-Amor nestas notas manuscritas altera o texto desta estrofa inicial:

Por el arco de Elvira

quiero verte pasar

para saber tu nombre

y ponerme a llorar.

99

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!