06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ACLARACIÓN NECESARIA

A importancia dos Seis poemas galegos de F. García Lorca para a literatura

galega cobra extraordinario interese pola universalidade do seu autor,

magnificada polo seu tráxico asasinato, ocorrido o 19 de agosto do 36, o

mesmo día da morte do editor dos poemas, Ánxel Casal, en idénticas circunstancias.

Levaban na fronte unha estrela e no bico un cantar: aí a razón

última das súas mortes.

Como salienta oportunamente Andrew A. Anderson 2 , na introducción

crítica ós poemas, estes textos poéticos nacen cando García Lorca estaba na

súa plenitude creativa. Era non só un poeta e dramaturgo celebrado e consagrado

polo éxito, senón tamén conferenciante, recitador, activista cultural,

asesor e director de escena, adaptador de comedias clásicas,

harmonizador e compositor, pianista. Era protagonista destacado desa

vangarda da nova xeración de intelectuais republicanos.

Queremos insistir na lembranza dos Seis poemas galegos, intenso pórtico

poético, románico e moderno, para a nosa poesía e recordar, brevemente,

aquela Galicia que el transitou nas súas viaxes, rodeado de amigos

galegos. Entre eles destacamos dous en especial, que teñen un protagonismo

singular na publicación dos poemas: Ernesto Guerra da Cal 3 e Eduardo Blanco-Amor.

2

Anderson, 1988.

3

Vaia, en primeiro lugar, o meu recordo para E. Guerra da Cal, falecido recentemente.

Morreu soñando co ideal dunha grande Portugaliza e enarborando a bandeira republicana, pola

que loitara na Guerra Civil: «Nunca voltes do exilio», di un dos seus versos.

13

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!