06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

nos lindeiros entre a lírica galega e a castelá. O mesmo García Lorca

manifestoulle a Carlos Martínez-Barbeito que coñecía a poesía galaico-portuguesa

do ciclo trobadoresco e a Blanco-Amor que lera a Gil Vicente, Sá

de Miranda, Camoens, Rosalía de Castro, Amado Carballo, Manuel Antonio,

Eugenio Montes, Álvaro Cunqueiro. Eduardo leu con el textos de Curros e

Pondal. Quedou marabillado coa poesía épica deste último e gustoulle menos

o poeta de Celanova. Como xa deixamos dito en capítulos anteriores, a Lorca

influíulle tamén o contacto cos musicólogos e folcloristas da Residencia de

Estudiantes: Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay.

Andrew Anderson sitúa estes poemas sobre unhas claves referenciais:

determinadas paisaxes urbanas e rurais, influencias temáticas e formais coa

literatura tradicional galega. Lorca, nestas cantigas, segue fundamentalmente

o ronsel dos Cancioneiros e de Rosalía de Castro. Os santuarios e as

romarías (pretexto e contexto para o encontro dos amantes), preto do mar

(as nosas barcarolas), son reelaborados poeticamente polo bardo granadino.

Reverdece a canción popular que, no caso da «Romaxe da Nosa Señora

da Barca», fora tema popular xa en Rosalía.

Lorca escolle tamén os tons e os aires das cantigas nos seus esquemas

de repetición e estructuras paralelísticas. O diálogo de nai e filla en «Danza

da lúa». As voces «amigo» e «amada» para espertar á vida a Rosalía, amada e

morta, pero viva no mito. Son coincidencias buscadas consciente ou inconscientemente,

pero o certo é que Lorca traballa sobre o tronco lírico galaico.

Nos poemas hai tamén influencias máis difusas, que foron detectadas por

estudiosos e que poden estenderse, en menor nivel, a outros autores da

nosa literatura: Rosalía, Amado Carballo, Blanco-Amor 179 . Vexamos algunhas

destas referencias nos poemas.

«Madrigal â cibdá de Santiago» alude á historia milenaria da cidade. As

herbas verdes (manto típico da nosa paisaxe), a choiva pola rúa (popularmente

coñécese a Santiago como a cidade máis chuviosa de España), o laio

de pedra (a cidade das pedras centenarias).

«Romaxe da Nosa Señora da Barca» é outra das nosas romarías

tradicionais e rosalianas. A Virxe mira para o mar dende a Costa da morte,

en Muxía, onde ten unha pequena ermida. Lorca crea de novo aquí un texto

poético no que hai diversos planos fundidos e superpostos. Inventa, pero

coincide, unha vez máis, coa realidade. A imaxe da Virxe confundida coa

179

Ver estudios de Carlos Feal Deibe, Guerra da Cal, Franco Grande e Landeira Yrago,

respectivamente.

158

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!