06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Esta carta, unha vez máis, descríbenos a un Blanco-Amor en sintonía

ideolóxica con Lorca e coa súa actriz Margarita Xirgu. Os seus artigos e os

seus pronunciamentos públicos, cada vez con máis forza, chocaban cos

postulados da dereita. O seu artigo, en defensa do director de El Defensor

de Granada e as súas crónicas africanas alporizan ós sectores da ultradereita.

Como galeguista, tenta fuxir de capeliñas políticas que hipotequen a súa

independencia como periodista. E pon como modelo a nacionalidade catalana.

Na carta aínda hai outros aspectos de interese: detalles sobre o libro

dos Seis poemas galegos, as fotos sacadas en Granada e, sobre todo, a tristura

que o abrangue e que o amigo Federico ha de comprender.

Eduardo pasa por Bilbao, San Sebastián, Pamplona, Burgos e vai permanecer

en Madrid do 8 de outubro ó 2 de novembro. Precisamente, o día

8 García Lorca fai unha escapada, desde Barcelona, para falar sobre o seu

teatro pola radio para América.

Federico regresa finalmente a Madrid o día 23 de octubro, en momentos

de axitación política. Xa son días de despedida para Blanco-Amor. Nestes

datas debeu de ocorrer a homenaxe que lle fan a Eduardo en Madrid, ofrecida,

segundo o noso escritor, por Federico 103 .

Volve a Galicia. Do 3 ó 5 pasa a dar as súas derradeiras apertas ós amigos

de Ourense, Lugo e Pontevedra. E o día 6 o seu barco sae para Buenos

Aires, onde arriba o día 20 de novembro de 1935. 104

No barco vai pensando no momento político difícil de España. Non se

imaxina a traxedia da guerra civil nin o asasinato do seu amigo: confía no

triunfo de Azaña e en volver pronto. Federico continúa triunfando e os Seis

poemas galegos van saír axiña na Editorial Nós.

A chegada a Buenos Aires, no plano íntimo, vaino deixar desolado.

Traemos aquí esta terceira carta de Eduardo a Federico 105 para reafirmar,

por se quedara algunha dúbida, a súa amizade sincera co poeta granadino.

103

Vid. Rey (16-7-54).

104

Desde o peirao de Vigo, Blanco-Amor envíalle unha postal a Federico, á rúa de Alcalá

102-4º de Madrid, co seguinte texto:

«Ahora mismo, dentro de diez minutos, me embarco. Abrazos. Eduardo.

PD. Uno de estos días, te mandan tu libro.»

Blanco-Amor embarca para Buenos Aires o 6 de novembro de 1935. Ánxel Casal remitiralle

a García Lorca os exemplares do seu libro en Nadal, no mes seguinte.

(Vid. Exposición Gráfico-Bibliográfica “García Lorca y Galicia”, dirixida por Guillermo

Escrigas, do Grupo Sargadelos, Ediciós do Castro, Sada, A Coruña, 1995).

105

Fundación Federico García Lorca, Madrid.

109

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!