06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4.3. Blanco-Amor, testemuña dos Seis poemas galegos

Os Seis poemas galegos merecen capítulo destacado na difusión da vida

e da obra de García Lorca. Era un tema obrigado por moitos motivos para

Blanco-Amor: como galego que traballou polo rexurdimento da nosa cultura,

como encargado da súa edición e porque, co seu pretexto, remataba

sempre falando e explicando a personalidade do seu amigo, morto. 247

Son momentos importantes na transferencia de información sobre estes

poemas o seu artigo de 1948 para La Hora de Chile «Sobre los poemas gallegos

de García Lorca» (5-decembro-1948), «Federico García Lorca y la poesía

gallega», conferencia inaugural da tribuna do novo local do Centro Lucense

(28-01-1956); «Los Poemas Gallegos de Federico García Lorca», para Insula en

1959, a primeira vez que a súa opinión tiña unha difusión ampla en España.

Pero tamén hai outra difusión menos coñecida, pero moi importante,

que é a dos recitais e conferencias. En 1956, nas Xornadas Patrióticas Galegas,

celebradas no Centro Galego de Buenos Aires, Eduardo dirixe o Recital

Antolóxico da poesía galega e recita el mesmo tres poesías de Lorca: «O

neno da tenda», «Canzón de cuna» e «Danza da lúa». E no 1959, tamén no

Centro Galego, pronuncia a súa conferencia «Poemas gallegos de Federico

García Lorca» e recita as poesías. Hoxe a súa voz está gravada e é unha delicia

escoitar a Eduardo, recitando os poemas do seu amigo.

Sería moi longo falar minimamente de todos os foros en que Blanco-

Amor disertou sobre estes poemas. Caracas, Montevideo, centros e sociedades

culturais, cursos universitarios, etc. A el chegaron investigadores

lorquianos a resolver as súas dúbidas sobre a orixe deste fermoso poemario:

Marie Laffranque, Ian Gibson, Joseph Velasco, André Belamich, etc. El, no

seu departamento e ós amigos, ensináballes estes poemas e falaba deles

como se de xoias literarias se tratara. Tamén llos facilitou, como vimos, a

Guillermo de Torre para a edición das obras de García Lorca en Losada 248

e, pola súa proposta, eran usados tamén polos seus alumnos para se

felicitaren as festas do Nadal e Aninovo ou, simplemente, anunciar un acto

cultural.

247

Mentres, en Galicia, o manto do silencio imposto polos sublevados impedía a difusión

destes poemas. Aínda que o 30 de decembro de 1938 o periódico El Compostelano, de xeito

illado e sorprendente, publicara «Noiturnio do adoescente morto», como di moi ben Claudio

Rodríguez Fer, isto non comprometía ó conservadorismo católico do xornal, pois confinaba ó

galego a seccións folclóricas ou líricas. (Vid. Rodríguez Fer, 1966, pp. 307-8).

248

Como dixemos, única edición que publicou o prólogo, que sería suprimido, incomprensiblemente,

en edicións posteriores.

196

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!