06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

dos y la voz silenciada del amor homosexual (Stockholm, 1986) 257 . A segunda,

unha conversa informal con Ricardo Palmás, no verán do 94 na miña

casa da Coruña, na que, inevitablemente, sempre sae Eduardo e, de paso,

comentamos tamén os poemas lorquianos. Ricardo situou tamén resolta e

abertamente estes poemas nas augas da interpretación de Eduardo e a min

pareceume, entón, que era o momento de redactar estas notas.

Ángel Sahuquillo, no libro citado anteriormente, estudia a

homosexualidade na obra poética de Federico. A obra de Lorca, nos anos

inmediatos á Guerra Civil, quedou falta de crítica, pois nunca foi ben vista,

como dixo Guillermo de Torre, polos «defensores da civilización», pero o

tema da homosexualidade, aínda hoxe, precisa de libros valentes coma o

de Ángel Sahuquillo.

As liñas que seguen tampouco neste asunto pretenden ser orixinais.

Parten da interpretación de Ángel Sahuquillo, que analiza a obra poética de

Lorca, desde a súa concepción homosexual. Aínda que non se ocupa dos

poemas galegos de Federico, o seu estudio serve de base ó meu, que sitúa

este poemario, na súa orixe e composición, como un pórtico amoroso.

Teñamos en conta que a poesía de García Lorca nace baixo a influencia

da arte moderna e a súa relación coa técnica surrealista é evidente. Polo

tanto, aínda que sexa difícil establecer loxicamente os vínculos entre a vida

e a obra do poeta, sabemos que este escribe baixo pulos inconscientes,

controlados só por unha vontade de estilo. De aí que o campo conceptual

dalgunhas unidades poéticas poidan proporcionarnos elementos básicos de

análise, que apoien a nosa tese do pórtico amoroso.

Unha imaxe poética é sempre unha translación de sentido, pero a súa

expresión brota, certamente, dunha orde interna. O poeta constrúe, entón, símbolos

dunha natureza ambigua, pero cunha linguaxe codificada. O mundo dos

soños, a realidade onírica son expresados en palabras e imaxes poéticas.

Así, en Seis poemas galegos, podemos apreciar un certo estado de ánimo

que se filtra na poesía e que está, polo tanto, antes do texto, traducindo

a alma do poeta. Non é este o lugar nin o momento apropiado para estudiar

a fondo o mundo simbólico do poemario lorquiano en galego. A crítica

psicoanalítica tería que estudialos, como dixen, no conxunto da obra poética

de Federico. Permítaseme suxerir só algunhas consideracións que

naceron, primeiro, ó fío da lectura do libro de Ángel Sahuquillo e, despois,

dunha lectura reflexiva dos Seis poemas galegos.

257

Consultei este libro, tese de doutoramento do autor, no arquivo da Biblioteca Blanco-

Amor da Deputación Provincial de Ourense.

207

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!