06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

das de sangre e La zapatera prodigiosa, e Blanco-Amor debe estar na comida

de homenaxe que os amigos, encabezados por García Lorca, lle ofrecen.

Tamén non faltaría, sen dúbida, á estrea de Peribáñez y el comendador de

Ocaña, que ten lugar o 25 de xaneiro, representada polo Club Teatral

Anfistora e dirixida por Federico. Por mediación de Blanco-Amor, aparecen

agora publicadas no Almanaque literario 1935, como xa anotamos anteriormente,

as tres gacelas e unha casida de García Lorca do Diván del Tamarit

(«Gacela de la huida » 93 , «Gacela del amor con cien años», «Gacela del mercado

matutino », «Casida de la mujer tendida»).

Blanco-Amor debe ter tamén noticia, pois é un escritor case sempre

ben informado, da entrevista que o galego Ángel Lázaro lle fai a Lorca o 18

de febreiro, co pseudónimo de Proel ( galego perdido despois na morna

morte da diáspora e do exilio, coma tantos outros). Conversa na que Lorca

deixa ben claro o papel social do seu teatro.

Por outra parte, os actos públicos onde Eduardo pode atopar a Federico

son múltiples. Son lugares nos que se move libremente Eduardo, sempre

coas limitacións do seu traballo, e nos que pode verse con persoas do contorno

lorquiano, xa amigas do escritor galego: M. Xirgu, que representa

Yerma, coa asistencia de Azaña; Lola Membrives, coa súa montaxe de Bodas

de sangre no Coliseum; as emisións por radio de Lorca cara a América,

nas que promete a lectura de Doña Rosita (teñamos en conta que, durante

este período, Eduardo transmite desde España entrevistas de personaxes

famosos –Madariaga, Marañón, Azaña, Unamuno, Ortega– para América; así

como, desde Buenos Aires, presentados polo seu parente Alexandre Bóveda,

contestan Manuel Rojas, Arturo Capdevila, Victoria Ocampo, Leopoldo

Lugones, Alfredo Palacios. Esta idea débese, en boa parte, a Eduardo) 94 .

Na primavera de 1935 ten lugar a presentación de Blanco-Amor a Carlos

Martínez-Barbeito. A ocasión é a representación de Los siete infantes de

Lara, na Fundación del Amo, residencia estudiantil do escritor coruñés. Este,

amigo de Federico, invítao á representación, función que dirixiu conxuntamente

con José Antonio Muñoz Rojas. García Lorca veu acompañado de

Blanco-Amor 95 .

93

«Gacela de la huida» é o novo nome da poesía que no primeiro se chamou «Casida de la

muerte clara».

94

Vid. Pérez Rodríguez, 1993b, pp. 19-20.

95

Escenificouse unha única representación, para os estudiantes da residencia, e debía presentar

este acto o mesmo don Ramón Menéndez Pidal, que se escusou por razóns de saúde,

pero leuse a súa presentación. Representación na que actuaban tamén outros galegos: Luís Iglesias

Atocha, Francisco Molíns. (Entrevista con Carlos Martínez-Barbeito, 11-agosto-1995).

104

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!