06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Non quixera terminar este apartado sen facer unhas breves alusións a

outras circunstancias extraliterarias que, indirectamente, puideran botar luz

sobre o estado en que se atoparon os orixinais dos «Seis poemas galegos»,

en especial «Danza da lúa en Santiago».

Sabemos que García Lorca reemprende a colaboración lingüística con

Ernesto ó seu regreso de Arxentina, segundo os propios testemuños deste.

Tamén nos confesou Guerra da Cal, na nosa entrevista en Londres, que

o proxecto era pór en limpo todas as copias dos poemas. Pero observamos

que o proceso quedou interrompido e sen acabar. Os orixinais que conservou

Blanco-Amor e quitando o «Madrigal â cibda de Santiago», publicado xa en

1932, foron os seguintes: dous borradores apógrafos e dúas copias en limpo,

coa letra de Guerra da Cal, e un borrador híbrido, apógrafo-autógrafo (comeza

con letra de Guerra da Cal e continúa coa de García Lorca), o da «Danza».

Tentamos explicar esta situación, desde as palabras de Blanco-Amor.

A comezos deste verán de 1934, as relacións de Federico con Rafael Rodríguez

Rapún son cada vez máis íntimas 231 .

Por outro lado, ocorre a tráxica morte do seu grande amigo Ignacio

Sánchez Mejías en agosto deste mesmo ano e García Lorca, durante todo

ese outono, queda sumido na máis fonda tristura pola perda do amigo e

ponse a escribir febrilmente o seu Llanto por Ignacio Sánchez Mejías 232 .

Margarita Ucelay, noiva por este tempo xa de Guerra da Cal e máis

tarde a súa primeira muller, en declaracións a Gibson en novembro de 1985,

testemuña que Federico anda tan entregado na composición da elexía poética

a Ignacio Sánchez Mejías que abandona as sesións con Ernesto sobre

os Seis poemas galegos 233 .

Ante esta novas circunstancias afectivas de García Lorca, posiblemente

a relación con Ernesto quedaría un tanto esmorecida e os poemas galegos

quedarían sen pasar a limpo.

Blanco-Amor, que coñecía ben posiblemente o mundo sentimental de

Federico, tería afirmado que, por estas datas (comezos e primavera de 1935),

as relacións de Federico con Ernesto estaban xa distanciadas.

231

Vid. Gibson, 1987.

232

As primeiras lecturas de Llanto por Ignacio Sánchez Mejías fíxoas García Lorca nas casas

de Morla Lynch e Fernando de los Ríos, en novembro de 1934. O texto sería publicado en maio

de 1935, ó coidado de José Bergamín, na editorial Cruz y Raya e lido en público polas súas

actrices Lola Membrives e Margarita Xirgu, en marzo e xuño respectivamente. Vid. Gibson, 1987,

pp. 345, 349 e 368.

233

Vid. Gibson, 1987, p. 329.

179

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!