06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Pero, como sabemos, os poemas non saíron do prelo para o 25 de xullo,

Día da Patria galega, como querían os galeguistas. E a súa publicación tería

que atrasarse.

Blanco-Amor «arríncalle», pois, os poemas a García Lorca e este confíalle

a súa publicación. O poeta auriense era a persoa axeitada: poeta tamén el

da nova poesía e amigo de Federico:

«Federico García Lorca me llegó, un día cualquiera de nuestra

amistad, con un puñado de versos gallegos... Debes ser tú, por

lo tanto, quien ordenes éstos y quien los edite y quien los prologue.

Y ya está. Y ya se acabó. Y no me hables más de esto hasta que

me traigas el libro.» (Prólogo).

García Lorca confíalle os orixinais 162 a Eduardo e este ten que sacar

unha copia en limpo, para ordenar os papeis e escoller a versión definitiva

163 , como encargado da publicación. Blanco-Amor está ó quite e sabe que

os Seis poemas galegos de Federico son unha xogada maxistral para a literatura

galega, naquela España do bienio negro. Unha axuda para a defensa

dun republicanismo máis aberto e, sobre todo, entroncado coa aventura

galeguista de plebescitar a Autonomía galega. Os galeguistas reciben estas

poesías con entusiasmo e de aí o anuncio de Suárez Picallo de publicalos o

25 de xullo, a «Diada maior», coma unha homenaxe á cultura galega. Era un

xeito de ir contra a dereita recalcitrante e a caterva de descastados, que,

segundo Suárez Picallo, consideraban o galego como dialecto de xente de

baixa condición. Nesta defensa estaba tamén o esforzado e valente editor

Ánxel Casal, quen publicará os poemas na súa Editorial Nós, no obradoiro

literario que tiña na rúa das Hortas.

161

Vid. Los poemas gallegos de Lorca, conferencia pronunciada por Blanco-Amor no Centro

Galego de Buenos Aires, o 30-07-1959, nas Xornadas Patrióticas Galegas, ás que asistiu tamén

R. Otero Pedrayo, como invitado de honor. Agradezo a Alfonso V. Monxardín, pioneiro e entusiasta

recuperador das voces dos galegos ilustres, que se terían perdido irremediablemnte, sobre

todo as dos nosos emigrantes e exiliados, este testemuño sonoro de Blanco-Amor. Hoxe é xa,

felizmente, unha realidade o Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.

162

Federico encargaba, con certa frecuencia, ós seus amigos que ordenaran e remataran

os detalles de publicación dos seus escritos: por exemplo, o encargo a Bergamín de Poeta en

Nueva York. Mesmo, algunhas veces tan xeneroso á hora de regalar os seus escritos ós amigos,

atopábase que, cando tiña que dalos ó prelo, precisábaos e víase na obriga de pedírllelos de

novo. Vid. Gibson, 1987, p. 372.

163

Esta copia en limpo de Blanco-Amor non se conservou e tivo que desaparecer co espolio

da Editorial Nós, cando a reacción asasinou a Ánxel Casal no verán de 1936 e queimou o fondo

editorial. Tamén puido perderse nun dos moitos cambios de domicilio de Eduardo.

151

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!