06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

deste pórtico amoroso. A tradición e Rosalía, símbolo plurisignificativo da

nosa cultura. O poeta toca a alma, a cerna do ser dos galegos e, polo tanto,

de Ernesto, que pertence a unha comunidade cultural dada. O poeta quere

cantar desde a vella cepa dos cancioneiros e desde o símbolo rosaliano,

isto é, quere ser poeta galego.

«Romaxe» revive a tradición popular das romarías, cantadas xa nas nosas

cantigas medievais. No texto, a da Nosa Señora da Barca crúzase tamén,

coma nunha nube mesta, coa de San Andrés de Teixido, á que «mortas e

mortos de néboa/polas congostras chegaban».

As pombas de vidro, a alba... son imaxes lorquianas, incrustadas no

poema, que Lorca oíu primeiro e logo refunde el mesmo en canción, coa

naturalidade dun xograr moderno.

«Canzón», por último, con resonancias formais de alba e aire de cantiga

de berce. Novamente, o poeta emprega material de canteira galega (Santiago,

arado, barco, prata...) pero as translacións metafóricas son lorquianas:

transida de tristes herbas..., a negra fonte dos teus cabelos, nidio pombal.

Está presente a simboloxía machadiana da fonte, a manriqueña dos ríos (os

cabelos) e do mar.

Por último, sinalar que na obra lorquiana o galo (Mercurio ou Hermes

represéntase coma un galo) e o pombal, seguindo a Ángel Sahuquillo, poden

ter tamén connotacións de amor homosexual.

210

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!