06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

seu transfondo melancólico. Nada de folklórico de señorito

forasteiro que colle fotos ou inspiración pra malos versos con

sentimentos turísticos i endomingados.

Céntrase, cun doce pasmo de aldeán o día da patrona, na

Raíña do ceo, que en Galicia sempre somella unha raíña destronada,

que pasa coroada de prata no seu carro de bois. O tema foi

rosaliano, máis antes foi popular: Nosa Señora da Barca/ten o

tellado de pedra/ben o poidera ter de ouro/miña santa si quixera.

A economía da eispresión é esaita e profundamente moderna

súa estreita síntesis.

Ao remate, o vórtice festeiro aquédase e longa ollada da Virxe

vaise polo mar dos emigrantes, dos pescadores, dos afogados...».

Cantiga do neno da tenda:

«Veleiquí dous poemas de saudade: un lírico, enchoupado

dun panteísmo galego. O outro descriptivo sin relato, directo e

simbólico, de forte acoro psíquico e de fondo senso social.

O neno é Ramón de Sismundi, comarca de Ortigueira: un

nome esguío, fino como outros topónimos de fina elocución

mareira: Cariño, Barqueiro, Lira, Laíño. É o máis auténtico poema

de morriña aitiva, concebido in situ, no seu viaxe a Buenos Aires

de 1934.

A anéidota está contada con prodixiosa sinxeleza figurativa,

pra chegar á transcendente metáfora final 250 .

¿Que lle pasa a Ramonciño de Sismundi, a iste concreto neno

emigrante, dun Bos Aires concreto, envolto, escurecido, escamoteado

polo polvo da cibdá cotián, polo reiterativo valeiro da súa

vida, sin cerne nin contorno?

Estámolo vendo sin que o poeta o describa. Temos visto

moitos en 45 anos de emigración. Federico resúmeos a todos nun

instante, niste Ramón de Sismundi, que endexamais existiu, senón

son dooroso símbolo. É lanzal, sorridente, loiriño, de ollos azuis,

cheios de dozura, de ironía, de perdón.

250

Na nota, en versión castelá, engade neste punto:

«Empieza por eligir la forma llana del romance, que es métrica de relato, pero como trampolín

para el salto hacia el prodigio, que es aquí el paisaje escamoteado».

198

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!