06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Era o Sil que o mesmo García Lorca percorreu nos tempos de La Barraca 183 ,

pero, sobre todo, o río amado polo seu amigo Ernesto (Ernesto do Sil ). Vinde

mozos loiros, vinde xente escura do cume e do val... son as terras altas e baixas

de Galicia, coa súa xente loira e morena que, en Santa Compaña, están

concitados para acompañar ó afogado (ou ó derradeiro amor adolescente)

na súa última viaxe.

«Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta» con ritmo de canción de

berce e de alba vai de Santiago (lugar onde se rende culto e está enterrado

o Apóstolo Santiago) a Belén (lugar de nacemento de Xesús e berce do cristianismo).

Concita a morte e a vida para espertar a Rosalía, nunha aproximación

lorquiana, que, unha vez máis, coindice coa historia mítica: segundo

a lenda, o Apóstolo chegou a Padrón, lugar onde Rosalía viviu e morreu.

«Danza da lúa en Santiago» é un canto ó espacio poético da Quintana,

que el mesmo bautizou co nome de praza-butaca, e na que escenificou

montaxes con La Barraca. Antigo cemiterio, ó lado da Catedral, onde a lúa,

galán pero tamén morte, baila nun simbólico baile de morte 184 . Por outra

parte, os elementos reais preexistentes: Santiago, a Quintana, o boi

malencónico, os toxos, planta típica de Galicia.

Esta vía de interpretación poética de Galicia, só precisaría do idioma

galego para expresarse.

183

Ramón González Alegre nárranos o acontecemento externo:

«... El Teatro Universitario otra vez. Los hechos según el testimonio de Don Rogelio Baltar

Ramírez sucedieron en un pueblo fronterizo con Galicia, Puente de Domingo Flórez, ya en la

tierra berciana de León, exactamente durante ese año 1933...

La Compañía Teatral se dispuso a levantar el escenario. El Río Sil baja de las tierras bercianas

y trae ramajes bravos de la serranía leonesa. Por sus aguas ‘cantan los árboles’, con voces

desprendidas. Rogelio Baltar, entonces maestro nacional de unos de esos pueblos del contorno,

habla con Lorca... Los labriegos se aprietan en haz ante el tablado. Es la anochecida y se encienden

candiles de carburo... Galicia y su espíritu (la frontera es pequeña cosa para distinciones) están

latiendo en la sangre de los que escuchan. Alguien advierte:

-¡Un afogado aboyando (flotando).

La representación había terminado y por los riscos y las piedras bajan las gentes al río.

Lorca y Don Rogelio Baltar van también. Es un mozo joven, un adolescente...

El cadáver flotaba, apenas perceptible entre las sombras y los riscos del río...».

(Vid. Poesía Gallega Contemporánea. Ensayo sobre Literatura Gallega, Colección Huguin,

Gráficas Torres, Pontevedra, 1954).

184

Xosé Filgueira Valverde cre que o branco galán da «Danza da lúa» non é Ramón de

Sismundi, senón o mártir Pelaxio. Baixando cara a Quintana, desde a Vía Sacra, para escoitar as

doce badaladas, alguén lle tivo que indicar a García Lorca a estatua de San Paio, o santo rapaciño

degolado de Bouza Brey.

160

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!