06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

verbo en pasado, pois con 96 anos hai tempo que deixou de

escreber. Entre outras cousas ten unhas deliciosas cantigas de

amigo, que deben ser o eco mais serodio en castelán e o mais

austral na xeografía que tiveron os cancioneiros, ainda que a sua

fonte de inspiración non sexa Galicia, senon Portugal. Duas obras

del teñen ilustracións feitas polo Lorca cando estivo en Buenos

Aires en 1934. Eu levo algún tempo pesquisando a historia deses

deseños lisboetas que non teñen relación algunha co Río de Janeiro,

como pensaba Landeira Yrago.

Molinari estivo aquí pola primeira vez en 1933 e, segundo

souben, namorouse dunha ‘meniña’ a quen coñecera nunha das

suas visitas aos bordeis da época, pois ao contrario de Salvador

Novo e o Lorca, circulaba inpenitentemente polo carreiro heterosexual.

O granadino fai dous deseños da rua das Gáveas (onde

había duas casas de putas mui badaladas entre a boemia e o demimonde

alfacinha) e mais un que titula Rua da morte. Neste caso

podería estar usando o galego, o mesmo que fai cando xoga co

apelido do poeta mexicano e un adxetivo nesa lingua na inscripción

ou título (Amor Novo) do debuxo, que se publica en Seamen

Rhymes. O mesmo Lorca recoñeceu que Buenos Aires, Cadaqués,

Granada e Madrí foran os lugares onde ‘mais o amaran’. Por tanto,

é lexítimo pensar que se Amor Novo pode facer referencia tamén

a el e non apenas ao mariñeiro que coñeceu Salvador Novo e de

quen fala nese libro. Eu só coñezo parcialmente os Seamen Rhymes

-nunha infame antoloxía mexicana con textos do poeta- e non

aventuro mais nada. De todos os xeitos, Amor Novo ofrece duas

leituras, unha desde o apelido do poeta e outra desde o galego... 42 ».

42

Carta de Ricardo Palmás ó autor, Lisboa, 19-1-1996. Para máis precisións, vid. «Lembranza

de Ricardo E. Molinari. As cinco cantigas de amigo e os deseños lisboetas de García Lorca», A

Nosa Terra, 12 de setembro de 1996, p. 27.

Os periódicos que comunicaron a morte de Molinari, ocorrida o 31 de xullo, cando tiña 98

anos, a piques de cumprir un século, como el dicía querer vivir (vid. La Voz de Galicia, 3 de

agosto de 1996), tráennos agora a infeliz nova do falecemento repentino do noso amigo Ricardo

Palmás, a quen as Parcas segaron a súa vida cando estaba preparado para dar os seus mellores

froitos intelectuais, ós cincuenta e seis anos de idade. Xa non puido ler estas notas súas a esta

segunda edición nin ter entre as súas mans o libro do noso común amigo: Fernando Iglesias

“Tacholas”, un actor auriense na Galicia ideal, que el prologara con tanto agarimo, e que resultaría

ser, probablemente o seu derradeiro escrito.

(Vid. «Fúchestenos, Palmás», Miguel Anxo Seixas, O Correo Galego, 25-11-1996, p. 3).

31

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!