06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Por último, Augusto María Casas insistía na importancia que tiñan estes

poemas para a literatura galega, nesta hora dun novo renacemento literario.

A súa lectura pousaba, no seu corazón de escritor galego, unha doce alegría

triunfal, de inefable sabor. Federico saboreara a poesía dos nosos trobadores

e románticos e rendía un tributo cordial á Galicia de Rosalía de Castro:

«... La publicación de este libro –gracias a “Nós”– justifica todo

el júbilo esperanzado de los poetas gallegos contemporáneos.

Quien no comprenda la importancia de este suceso literario es

que no quiere ver ni oír...» (El Pueblo Gallego,8-5-1936) 170.

3.3.2. Federico, poeta alófono e trobador do Sur

«A terra é a poesía. Nós somos, apenas, os poetas»

Blanco-Amor 171 .

Eduardo, a pesar de ser unha testemuña principal na explicación dos

Seis poemas galegos, insiste en que as cousas da poesía ocorren sempre por

medios máxicos. Nunca saberemos a explicación real dun texto poético e,

polo tanto, tampouco destas poesías. Podemos, iso si, achegarnos a unha

explicación do fenómeno poético, pero tendo sempre en conta o misterio

radical de toda poesía.

Na súa conferencia do Centro Galego de Buenos Aires de 1959 dicía

que esta poesía de Federico non era un divertimento ou exercicio literario

de préstamo. Dun chouto, o poeta andaluz colocárase na cerna da nosa

poesía. E con «perturbadora naturalidade», sen sinais de esforzo, nin rodeiras

de exercicio retórico. Eduardo, para explicalo, recorría a metáforas que

empregou en máis dunha ocasión para falar da universalidade da nosa poesía:

manto imperial e raíces infiltrantes da nosa lírica nas outras linguas peninsulares.

García Lorca, despois de Poeta en Nueva York, está interesado pola

poesía tradicional. E así penetra nesta tradición poética española por dúas

vías: a poesía arábigo-andaluza (Diván del Tamarit) e a poesía dos

Cancioneiros (Seis poemas galegos). Blanco-Amor afirmaba por aquelas datas

que o noso clasicismo chamábase medievalismo e por esta cancela en-

170

Agradézolle a Antón Capelán Rey o terme facilitado copia documental dos derradeiros

testemuños destes comentarios periodísticos.

171

«Recital Antolóxico da Lírica Galega», 24-07-1956, Centro Galego de Buenos Aires.

Gravación facilitada por Alfonso V.-Monxardín.

155

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!